Fotografía procedente de www.todogrove.com
Miguel Ángel Pérez lembra que cos gobernos do PP sempre se conseguiu celebrar a competición e que só hai problemas “cando gobernan os socialistas”
O Grove, 27 de marzo de 2008.- O alcalde do Grove pretende agochar con falsedades a súa falta de decisión e de responsabilidade en relación co Tiro ao Pichón da Toxa, como o demostran, para o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Miguel Ángel Pérez, as críticas vertidas por Cacabelos ante a solicitude da oposición de celebrar un Pleno extraordinario para abordar este tema.
O presidente local do PP salienta que “os veciños e empresarios do Grove saben perfectamente quén traballa para lograr que o municipio non perda o importante beneficio que supón esta competición e quén, polo contrario, non fai nada por mantela e dedícase á crítica sen fundamento”. Así mesmo, Miguel Ángel Pérez lembra que cos gobernos do PP sempre se conseguiu celebrar a competición e que só hai problemas “cando gobernan os socialistas”. Nese sentido, refírese aos problemas polos que o evento pasou “hai máis de quice anos, co PSOE no Goberno central, cando tamén estivo en dúbida a celebración, aínda que, finalmente, as trabas foron solucionadas”. Desde entón, “e malia que a zona está protexida desde 1989, nunca houbo un só problema ata agora que, curiosamente, volven a estar os socialistas na Xunta e no Concello”.
RETIRADA DE SUBVENCIÓNS
Deste xeito “é evidente que o Partido Popular sempre loitou polo interese xeral da cidadanía e do desenvolvemento económico e social do concello, mentres que os socialistas só miran polo seu interese particular e por manter contentos aos seus socios no Goberno local para evitar calquera ameaza de perder o poder”. Algo que queda claro tamén “no feito de que, non só non están a defender con firmeza a continuidade do Tiro ao Pichón, senón que mesmo lle retiraron a esta competición subvencións que o anterior Goberno lle concedía para contribuír á súa celebración e prestixio”. Por iso “resulta grotesco que o alcalde pretenda facer crer á cidadanía que o noso partido non fixo nada por este evento”.
Doutra banda, o feito de que ao alcalde “lle moleste tanto a solicitude lexítima dun Pleno Extraordinario” demostra para Pérez “o seu verdadeiro talante, que é o de fuxir dos instrumentos democráticos de expresión e participación”. Igualmente, esta actitude “amosa tamén ás claras o nulo interese do alcalde por un tema de tanta importancia para O Grove.

No hay comentarios:
Publicar un comentario