jueves, 27 de marzo de 2008

De Leria polo Corgo


LA CRISIS HA VENIDO Y NADIE SABE COMO HA SIDO.
¿ Porqué asume agora Zapatero a crises económica ?
Durante a campaña electoral, Zapatero fixo todo o posible para negala crises económica que tiñamos encima. Chamounos de todo, incluído "antipatriotas" por advertirlle do que se adiviñaba e necesitaba tomar medidas urxentes e de choque.
Agora, apura a formación do novo goberno pa tomar canto antes as primeiras decisións de importancia para paliar unha crises que agora, ni el mesmo discute.
Ou Zapatero non se enteraba, ou mentiu a sabendas a tódolos españois, ou simplemente a campaña electoral non permitía recoñecer esas eivas (económicas) do Goberno ! que os votos, son os votos !
Ou máis ben as tres cousas como denunciou Mariano Rajoy.

***********************************************************

UN DISPOSITIVO ESPECIAL PARA SEMANA SANTA
Ún xa non sabe, si os nosos políticos teñen un dicionario con frases feitas ou que pasa. Sempre din as mesmas cousas nos mesmos escenarios, incluso sendo de partidos distintos.
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Sr. Bea, dinos todo cheo uns días antes da Semana Santa, que todo está controlado i por elo, se habilita un dispositivo especial.
Non sei como se atreve a dicir semellante cousa cando días antes se queixaba das baixas, do insuficiente persoal na policía, que necesitaba non sei cantos axentes máis e acababa de recibir a comunicación de que o goberno "amigo" de Santiago (PSOE+BNG) lle recortaba en seis os membros do GRUMIR deixando xustamente na metade.
O especial do dispositivo é que durante o fin de semana último (na noite do sábado o domingo) no Grove producíronse 7 atracos ou intentos a propiedades privadas.
MENOS MAL QUE TIÑAMOS UN DISPOSITIVO ESPECIAL
, senón que seria de nos.

Graciñas Sr. Bea.

No hay comentarios: