Miguel Ángel Pérez lembra que hai máis dun mes Cacabelos “empeñou a súa palabra en que o acceso se abriría en quince días como máximo”
O Grove, 28 de marzo de 2008.- O alcalde do Grove está a incumprir o compromiso que adquiriu no Pleno ordinario de febreiro sobre a apertura do camiño do Norte en San Vicente, solicitada polo Partido Popular en apoio ás instistentes demandas plantexadas polos veciños, a través da comunidade de montes da zona de A Barrosa.
O voceiro do Grupo municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, lembra que hai máis dun mes Cacabelos “empeñou a súa palabra en que o acceso se abriría en quince días como máximo”, algo que “reiterou varias veces de xeito alto e claro para respostar ás nosas críticas”. Sen embargo, “ese prazo pasou amplamente e alí non se moveu nin unha palla, polo que estamos ante un novo engano aos cidadáns por parte do alcalde”.
Na sesión plenaria de febreiro, e tras pechar a polémica sobre outro camiño da zona, o da promotora Indeza, co acordo da Corporación de facultar ao Concello a acudir á vía administrativa para abrilo, o alcalde, ante a esixencia do PP, anunciou, como solución ao conflicto xerado polo outro camiño, o do norte, que este se abriría nunha semana se se lograba un acordo cos particulares enfrontados pola súa titularidade ou en quince días se ese consenso non se acadara.

A PALABRA DO ALCALDE “VALE MÁIS BEN POUCO”
O camiño do norte constitúe a única alternativa ao que atravesa os predios adquiridos por Indeza para acceder ás praias de San Vicente e foi pechado por un particular ao que, remarca Pérez, “o Concello concedeulle licencia”. O Partido Popular considera absurdo que se acorde a apertura do camiño de Indeza “que está pendente de xuízo” e, en cambio, non se abra o do norte “desprezando as máis de 200 sinaturas que o reclaman”. Para Miguel Ángel Pérez, trátase dunha mostra máis de que o Goberno local do Grove “mira para o lado contrario dos intereses dos veciños” e de que a palabra do alcalde “vale máis ben pouco”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario