miércoles, 27 de febrero de 2008

De Leria polo Corgo


Non pensedes que nos esquecemos das andanzas do noso patrón. A verdade é que ultimamente está sembrado e na súa liña, non deixa de sorprendernos. ¿ Que vos parece esta ultima medida, de crear unha asociación paralela á Federación de Confrarías ?
Logo de intentar por tódolos medios querer ser o presidente da Federación Nacional, polos cauces establecidos a través da Federación, e non conseguir os apoios dos compañeiros en Galicia (Paquiño, xa saben quen eres) tivo a desfachatez de aliarse cos andaluces, aínda que fora polo segundo prato (a vicepresidencia), pero tampouco saíu.
Agora, despois de intentalo, ocorréselle dicir que a Federación non é democrática. ¿ Si houbera gañado, si o seria ?.
A verdade o asunto recórdanos o conto daquel rapaciño que cando se cabreaba cos amigos, collía a pelota, e dicía " Lo siento, la pelota es mía, y si no es como digo yo, no se juega ".
I ese conto de que representan a máis de 5.000 mariñeiros, ¿ a quen llo queren contar ?, o rapaciño da pelota?. Mira , que colle de novo a pelota e se vai pa casa, e despois, a ver con quen xogas, que xa che quedan poucos.

No hay comentarios: