Miguel Ángel Pérez considera “escandaloso” que a única resposta do Goberno local á preocupación de pais e veciños sexa “que non saben nada do asunto”
· O Partido Popular esixirá toda a documentación sobre o proxecto, en fase de alegacións desde o pasado día 22, ante a “indefensión á que o Concello somete aos veciños pola súa ineptitude e o seu desinterese ante un asunto de tanta importancia”.
O Grove, 27 de febreiro de 2008.- O Goberno cuatripartito do Grove non é quen de informar aos cidadáns sobre a planta de gasificación que a Xunta aprobou instalar na barriada de Ardia, xunto ao colexio público, porque, segundo contestaron a varias persoas que se interesaron polo tema, non están informados do mesmo. No Diario Oficial de Galicia do pasado 21 de febrero publicouse o inicio, ao día seguinte, do período de exposición pública do proxecto desta instalación de gas natural por un período de vinte días. Sen embargo, varias persoas que acudiron ao Concello para interesarse polo proxecto atoparon como única resposta que na Administración local non constaba documento algún sobre o tema.· O Partido Popular esixirá toda a documentación sobre o proxecto, en fase de alegacións desde o pasado día 22, ante a “indefensión á que o Concello somete aos veciños pola súa ineptitude e o seu desinterese ante un asunto de tanta importancia”.
O voceiro do Grupo municipal do Partido Popular, Miguel Ángel Pérez, considera “escandaloso” que a única resposta do Goberno local á preocupación de pais e veciños sexa “que non saben nada do asunto”. Dada a cercanía ao colexio da ubicación escollida para a planta de gasificación, estase a estender unha crecente preocupación entre os pais de alumnos do dito centro, así como dos veciños da zona, que se informaron desta decisión polos medios de comunicación “e que agora non saben qué facer, mentres o tempo para presentar posibles alegacións vai correndo, porque ninguén é capaz de explicarlles qué é o que se vai facer alí”.
O Partido Popular esixirá toda a documentación sobre o proxecto, en fase de alegacións desde o pasado día 22, para que todos os interesados poidan facer as consultas que consideren, ante a “clara indefensión á que o Concello somete aos veciños pola súa ineptitude e o seu desinterese ante un asunto de tanta importancia”.
UN GOBERNO QUE “NON SE ENTERA DE NADA”
Para Pérez, é “moi preocupante” que ningún dos catro grupos que forman este Goberno local, “con tanto concelleiro liberado, coñeza un proxecto dunha consellería que supón un investimento de máis dun millón de euros e, sobre todo, que se refire a unha instalación tan sensible e proxectada xunto a un colexio”.
UN GOBERNO QUE “NON SE ENTERA DE NADA”
Para Pérez, é “moi preocupante” que ningún dos catro grupos que forman este Goberno local, “con tanto concelleiro liberado, coñeza un proxecto dunha consellería que supón un investimento de máis dun millón de euros e, sobre todo, que se refire a unha instalación tan sensible e proxectada xunto a un colexio”.
O voceiro popular salienta, nese sentido, que “cada vez está máis claro que este Goberno non se entera de nada e que é experto en promover a alarma veciñal e en crear polémicas”. Con este asunto “terán unha nove fonte de tensión e crispación, que está visto que é a súa especialidade, fronte ás promesas de participación e claridade que tanto nos venderon”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario