En relación co Pleno da EDAR, Miguel Pérez salienta que “un Goberno que se sinte forte tendo en contra aos cidadáns e critica á oposición por defendelos é máis propio doutros tempos”
O PP ve “moi significativo” que o cuatripartito se sinta reforzado “tras provocar a maior crispación social da historia recente do Grove”
· “Coas súas declaracións, o alcalde confirma que no Pleno do martes gañaron as presións dos seus socios de Goberno”.
· “Resulta absurdo querer polemizar agora sobre o proxecto do anterior Goberno de ubicar a depuradora no Corgo, xa que ese proxecto era coñecido e aceptado por todos, incluido o actual alcalde, que mudou de opinión só para manter o poder”.
O Grove, 29 de decembro de 2007.- O Partido Popular do Grove ve “moi significativo” que o cuatripartito se sinta reforzado “tras provocar a maior crispación social da historia recente do Grove”, en palabras do voceiro do Grupo Municipal do PP, Miguel Pérez, sobre a valoración feita polo alcalde do Pleno celebrado o pasado martes, no que se debateu o polémico proxecto da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).
En relación con esa valoración, Miguel Pérez salienta que “un Goberno que se sinte forte tendo en contra aos cidadáns e critica á oposición por defendelos é máis propio doutros tempos”. O presidente local do PP subliña, nese sentido, que os partidos que forman o Goberno municipal “presumen moito de progresismo e de achegamento á sociedade, pero, á hora da verdade, adoptan decisións contrarias aos veciños movidos exclusivamente polos seus particulares intereses e teñen a desfachatez de chamar populismo e demagoxia á defensa dos dereitos da cidadanía”.
CONSERVAR O MANDO
En opinión de Pérez, “coas súas declaracións, o alcalde confirma que no Pleno do martes gañaron as presións dos seus socios de Goberno”, polo que “o único que saíu reforzado foi o mantemento do seu cargo”, algo que demostra “que o único que lle preocupa é conservar o mando, moito máis que o que realmente debera preocuparlle a un alcalde, que é gobernar para o benestar de todos os habitantes do municipio”.
O voceiro do PP salienta, igualmente, que “resulta absurdo querer polemizar agora sobre o proxecto do anterior Goberno de ubicar a depuradora no Corgo, xa que ese proxecto era coñecido e aceptado por todos, incluído o actual alcalde, que mudou de opinión só para manter o poder, cedendo ás presións dos seus socios”.
Miguel Pérez insiste en que os intentos do alcalde por trasladar a polémica á oposición “resultarán inútiles, porque os veciños saben perfectamente que a nosa posición é a mesma que defendemos cando gobernábamos e a que defenden eles, e é este Goberno o que está a causar crispación e preocupación por un cambio innecesario e que non ten argumentos firmes”.

2 comentarios:
Publicado no Faro de Vigo:
O GROVE La Junta Local de Gobierno de O Grove abonó diversas facturas, que podrían rondar los 51.000 euros, correspondientes a las obras de reforma de la casa consistorial, a pesar de que esos trabajos todavía no han comenzado.
Las fuentes consultadas indican que se trata de un trámite o una práctica administrativa habitual, y matizan que se abonan los trabajos a pesar de que aún no fueron realizados para así no perder la subvención concedida, pero en cualquier caso garantizan que las labores pagadas por anticipado se llevarán a cabo.
Al parecer, la aprobación de las facturas se hizo con el visto bueno de todos los integrantes del gobierno cuatripartito que preside José Cacabelos Rico, actuando como fedatarios tanto un secretario como un interventor accidentales, toda vez que los titulares de esas plazas estaban de vacaciones en el momento de la aprobación de las facturas.
Por fin un blog donde no se ridiculiza, insulta y humilla a las personas.
Adelante y a por las Generales
Publicar un comentario