Miguel Pérez lembra que o presidente da Xunta comprometeu o seu esforzo para permitir a celebración e lamenta que o asunto “se esquecera nada máis rematar a campaña electoral das municipais”
O Grove, 28 de decembro de 2007.- O Partido Popular do Grove ven de rexistrar no Concello un escrito no que solicita a convocatoria urxente do Consello Sectorial do Turismo para concretar o apoio ao campionato de Tiro ao Pombiño da Toxa. O voceiro do Grupo Municipal do PP, Miguel Pérez, considera que o dito órgano “é o foro natural onde tratar este asunto e achegar ideas e propostas que reflictan o necesario respaldo a este evento e conduzan á realización das xestións pertinentes para que a Consellería de Medio Ambiente outorgue a súa autorización”.
Miguel Pérez lembra que o presidente da Xunta comprometeu o seu esforzo para permitir a celebración e lamenta que o asunto “se esquecera nada máis rematar a campaña electoral das municipais”. Agora, sinala “cando os empresarios precisan xa unha saída ao problema con urxencia para poder planificar os preparativos, bótase de menos esa contundencia nos compromisos”. Pérez refírese, igualmente, ás promesas do alcalde e do concelleiro de Turismo “que presumiron moito de atopar unha solución ao problema e se comprometeron a sentarse despois do verán para abordalo”. Sen embargo, “tiveron que ser os empresarios os que tomaran a iniciativa ante o paso do tempo e agora atópanse cunha disponibilidade por parte dos gobernantes moi distinta á amosada en maio pasado”.
PROPOSTAS PARA MELLORAR AS INSTALACIÓNS
O PP do Grove, “consciente da importancia deste asunto, polos positivos efectos que no turismo e na economía do concello ten a celebración deste campionato” ofrécese a colaborar “para que este exclusivo evento continúe na Toxa, como nos últimos sesenta anos”. Nesa liña, solicita a convocatoria do Consello Sectorial de Turismo, no marco do cal “pode xurdir propostas como axudar á empresa organizadora a través dun convenio para mellorar as instalacións, que poderían, en contrapartida, ser utilizadas para outros acontecementos”.
Miguel Pérez amosa, doutra banda, o seu asombro polo feito de que o Goberno local “aínda non teña presentado as ofertas alternativas das que nos falaron un milleiro de veces”. Nese sentido, salienta que “sería hora de que a concellería de Turismo expuxera a súa posición real sobre este tema e os seus plans de futuro”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario