Fotografías procedentes de http://www.flickr.com/
O pasado 27 de decembro, a selección galega de fútbol, xogaba un partido con Camerún, i isto non tería máis transcendencia, senón fora por todo o que naquel campo sucedeu, maila vergoñenta utilización destes partidos, que xa recordan épocas pasadas, nas que este deporte de masas era utilizado para distraer a atención dos cidadáns.
O partido estaba anunciado para as 21,00 horas pero non dou comezo ata ben pasadas as 22,30 h. I isto, por que ? Que sucedeu ?
Unha hora antes do comezo previsto (as nove) moita xente acudiu ás taquillas de Balaidos, para facerse cunha entrada, e !oh, sorpresa!, estaban pechadas. Non había maneira de conseguir entradas i iso que os graderíos do campo, a pesares dos esforzos dos realizadores da TVG (que só mostraban as partes, que estaban cheas) deixaban ver bastante cemento baldeiro. Preto de 7.000 localidades estaban valeiras.
¿ É que para ver un espectáculo futbolístico, pagado con fondos públicos, hai que ser de Galiza Nova, que repartiu entradas a destro e sinistro?.
Vergoñento nunha democracia. Xa lles dixen, que o aparato propagandístico atufaba a tempos esquecidos para todos, menos para os da memoria histórica.
Logo viñeron toda clase de desculpas e mentiras a través da megafonía do campo e das explicacións da NUNCA TAN VISTA, TVG, que votaban as culpas á Federación de Camerún, e sobre todo recalcaban, que o feito do retraso eran CAUSAS ALLEAS Á ORGANIZACIÓN. Como si o asunto, nono organizaran eles.
Si tarda a cousa un pouquichiño máis, cáelle o morto a calquera conselleiro do goberno de Fraga.
Namentres non comezaba, comprobamos unha das maiores exaltacións do nacionalismo, que por outra banda é o que pretenden estes partidos ( igualiño ao nacional catolicismo). Aí saíulle ben o tema ao BNG. Pero, o PSOE, o Sr. Touriño, non van dicir nada deste desaguisado?, terá que tragar como en tantos asuntos, para que o kiosko non se tambalee?. QUE PENA.
As desculpas seguían, dende problemas coa federación do seu país ata dicir que xa estaban chegando ao campo, nunha hora determinada e máis tarde recoñecer que non saíran do hotel, como tamén dicir que estaban atrapados nun atasco ou que tiñan problemas co vestiario. BOCHORNOSO.
Pero, as malas linguas dicían no propio campo, que os xogadores cameruneses non saian namentres non se lle pagara o convido.
Non seria este, o verdadeiro problema, que nos intentaron agochar?
É esta, unha causa allea á organización ?.
No seguinte dia, federación i empresa intermediaria apresurábanse a dicir que todo fora un éxito e sacaban ferro ao asunto, que uns estómagos agradecidos........., perdón, digo periodistas, non nos contaron.
Apelamos ao sentido común do presidente, que seguro lle rincharon os dentes, si veu o espectáculo...................deportivo. Que non permita máis escándalos coma este, que recorda aqueles tempos, nos que o Xeneralísimo, utilizaba o fútbol e o Bernabeu para a súa gloria e de paso acalar á cidadanía.
RIAZÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario