Miguel Pérez considera “inaceptable” que o alcalde “utilice a mentira no seu terco empeño por trasladar a outros unha polémica que creou el”
A ETAPA DO PP NO GOBERNO LOCAL FOI NA QUE MÁIS SE INVESTIU NA BARRIADA DE VIRXE DAS MAREAS
O Grove, 8 de xaneiro de 2008.- A etapa do Partido Popular no Goberno local do Grove foi na que máis se investiu na barriada de Virxe das Mareas, zona na que neses anos foron renovados todos os servizos básicos, ademais de abordar outras melloras substanciais. En relación coas declaracións do alcalde nas que chegou a afirmar que o PP recoñecera ter marxinado ao devandito barrio, o voceiro municipal deste partido, Miguel Pérez, considera “inaceptable” que o rexedor “utilice a mentira no seu terzo empeño por trasladar a outros unha polémica que creou el”, en referencia á ubicación da depuradora de augas residuais.
“Resulta absurdo que o alcalde queira facer crer que nós dixeramos algo así, cando todo o mundo sabe, ao parecer agás el mesmo, que foron varios centos de miles de euros os que o noso Goberno destinou a Virxe das Mareas”. Investimentos que, entre outras cousas, serviron para “actuacións moi importantes e altamente valoradas polos veciños” como a apertura dunha rúa que deixou o núcleo da barriada para uso exclusivo dos vehículos dos seus habitantes, rematando coa entrada masiva de tráfico, a mellora do acceso á zona, coa renovación da estrada do Conde, a habilitación do local social-veciñal, a renovación total da aula de Educación Infantil ou a habilitación do espazo para instalar o parque infantil.
O PP CUMPRIU O SEU COMPROMISO
Igualmente, foi o Goberno local do PP o que renovou a rede de augas fecais e toda a instalación de auga potable, instalou a rede de augas pluviais, asfaltou as rúas do barrio, construíu beirarrúas novas, mellorou notablemente o alumeado público, construíu a barandilla da zona sur e habilitou espazos públicos. “A nosa vontade con esta zona quedou patente cando tivemos responsabilidade, xa que asumimos un compromiso cos seus veciños e o cumprimos”, apunta Miguel Pérez, quen salienta que esa realidade “está aí por moito que o alcalde, nun acto desesperado porque se ve superado polo conflito que creou co tema da depuradora, queira facer crer outra cousa”.
Pérez subliña que, despois do gran esforzo feito polo seu Goberno, “o que precisa esa zona é que ese traballo teña continuidade, porque quedan, naturalmente, cousas por facer”. Nese sentido, lamenta que o actual Executivo local “prefira manipular á opinión pública en lugar de traballar para completar ese labor iniciado por nós, demostrando, entre outras cousas, que O Grove ten un alcalde instalado na inopia, que non é quen de comprobar que os datos rebaten as súas mentiras”.
O Partido Popular do Grove desexaría que “calquera goberno posterior ao noso superara o investimento que nós destinamos a Virxe das Mareas, como ás outras zonas do municipio”, porque, conclúe “iso é o que necesita O Grove, e non un alcalde que crea conflitos dos que pretende despois escapar a base de manipulacións e mentiras”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario