Miguel Pérez salienta que “despois de sete meses, non foron quen de presentar unha iniciativa nova, senón que presentan como propias obras que figuraban xa nos orzamentos de 2006”
O GOBERNO DO GROVE ANUNCIA COMO NOVIDADES PROXECTOS QUE FORON XESTIONADOS POLO PARTIDO POPULAR DESDE O ANTERIOR EXECUTIVO LOCAL
· A actuación en Xoán XXIII “foi paralizada polo bipartito da Xunta ata agora, que no Grove gobernan os seus, o que confirma que só actúan por impulsos partidistas e electorais”.
· “Portos da Xunta nunca remitiu ao Concello o proxecto da urbanización portuaria do Corgo, polo que o alcalde mentiu cando culpou ao anterior Goberno local de non ter presentado alegacións”.
O grove, 7 de xaneiro de 2008.- O Goberno municipal do Grove iniciou o novo ano cunha serie de anuncios, a través dos medios de comunicación, que pretende presentar como novidades pero que, en contra de tal pretensión, corresponden a proxectos que foron xestionados polo Partido Popular desde o anterior Executivo local. O voceiro do Grupo municipal do PP, Miguel Pérez, salienta que “despois de sete meses, non foron quen de presentar unha iniciativa nova, senón que presentan como propias obras que figuraban xa nos orzamentos de 2006”.
Entre as obras anunciadas, Pérez subliña que a urbanización de Xoán XXIII, “da que nos alegramos moitísimo porque parece que por fin vaise levar a cabo” foi impulsada polo Goberno local que él presidía “a base de moitas xestións e logo de ter asinado un convenio coa Consellería de Política Territorial cando era o seu titular Alberto Núñez Feijóo”. Sen embargo, esta actuación “foi paralizada polo bipartito da Xunta ata agora, que no Grove gobernan os seus, o que confirma que só actúan por impulsos partidistas e electorais, tal como demostrou estes días o secretarioxeral do PP, Alfonso Rueda, con cifras que puxeron de manifesto o xeito caciquil de repartir os fondos que ten a Xunta de Galicia”.
Efectivamente, lembra Pérez que, malia ter o convenio asinado, o bipartito botou abaixo o proxecto “con mil desculpas e mentiras”, mesmo a pesar de que o Concello gobernado entón polo PP ofreceu o 50 por cento do financiamento, ofrecemento “ao que nunca tivemos resposta”.
Miguel Pérez refírese tamén á actuación no Corgo, que comeza agora malia que figura nos orzamentos da Xunta desde 2006. A pesar diso, “Portos da Xunta nunca remitiu ao Concello o proxecto da urbanización portuaria do Corgo, polo que o alcalde mentiu cando culpou ao anterior Goberno local de non ter presentado alegacións”.
TRABALLO EMPRENDIDO POLO PP
A urbanización da zona entre o remate das beirarrúas de Ardia e a rotonda do Bao “ven tamén dos orzamentos autonómicos de 2006, cando no Grove gobernaba o PP, aínda que non se decidira executar ata este ano”, ao igual que as anunciadas obras da rúa Luis Seoane “froito igualmente do traballo emprendido polo PP no Concello, no seu plan de reforma urbana do Grove que tan bos resultados está a dar”. Estas obras “figuraban xa nos orzamentos municipais para 2006, que tanto criticaron os que agora gobernan e aos que mesmo votaron en contra, o que non lles impide agora presumir dese proxecto, no que constitúe unha mostra máis da súa hipocresía mesturada coa súa incapacidade”.
O presidente do PP do Grove manifesta “a nosa satisfacción” pola posta en marcha desas obras, aínda que “todas elas terían que estar xa iniciadas se os partidos que se din progresistas non se moveran exclusivamente polos seus intereses políticos, deixando de lado o interese xeral dos veciños”. Miguel Pérez lamenta tamén que O Grove “teña un Goberno que non sexa capaz de iniciar actuacións novas para o municipio, ben sexa propias ou con fondos doutras administración, e que para intentar salvar a súa imaxe teña que recorrer aos proxectos iniciados polo anterior Goberno, coa osadía de presentalos como propios”. Algo que, engade, “volverá a facer dentro duns días cando nos anuncien o comezo das obras dos novos depósitos de auga, que tamén figuraban xa nos orzamentos de 2006”.

2 comentarios:
Fotografía procedente de www.todogrove.com
Gracias.
Un despiste
Perdón e moitísimas gracias
Publicar un comentario