miércoles, 9 de enero de 2008

O PPdeG pide a práctica supresión dos impostos de sucesións e doazóns

- O PPdeG pide ao Executivo autonómico a práctica supresión dos imposto de sucesións e doazóns en Galicia, para poñer fin á deslocalización de empresas e patrimonios, que están a abandonar a Comunidade á busca de condicións fiscais máis vantaxosas, que mesmo poden atopar en territorios limítrofes de Castela e León ou en Asturias.
- As Comunidades que rebaixaron ao máximo o imposto de sucesións e doazóns non mermaron a recadación. Como exemplo, Madrid este ano vai recadar arredor de 200 millóns de euros.
- Na actualidade, a metade dos españois xa están exentos de pagar estes impostos, o que, a xuízo do PPdeG, provoca unha fenda tributaria que favorece a deslocalización de empresas e patrimonios, que están a abandonar Galicia xa que atopan condicións fiscais máis vantaxosas noutros territorios do Estado.
- As empresas e os particulares afectados polo réxime tributario aplicable en Galicia ás sucesións e as doazóns non admiten máis alternativa que a práctica supresión deses impostos, como propón o PPdeG e con efectos xa para este mesmo exercicio de 2008.
- Para o PPdeG calquera outra promesa, como unha aplicación escalonada a partir do ano 2009 e posteriores, carecería de credibilidade e confirmaría o carácter electoralista do anuncio.
- Lembrar que o PPdeG ven reclamando a práctica supresión dos impostos de doazóns e de sucesións con insistencia desde hai tempo. Despois dunha proposición de lei rexeitada cos votos de socialistas e nacionalistas na Cámara autonómica, o Grupo Popular formulou emendas específicas no trámite parlamentario da Lei de Orzamentos da Xunta para 2008 para suprimir o imposto nas herdanzas de pais a fillos e nas transmisións de empresas familiares e explotacións agrarias, pero a proposta tampouco foi apoiada polos grupos que sustentan ao Executivo bipartito.
- En comunidades como País Vasco, Navarra, Madrid, Comunidade Valenciana, Cantabria, Castela e León, A Rioxa, Baleares ou Murcia, ou ben non existe o tributo ou ten unha carga mínima, como tamén sucede en Cataluña ou Asturias.
- O que está a suceder co imposto de doazóns e sucesións pon de manifesto o intento do bipartito de ningunear o papel do Parlamento como centro da vida política. Deste xeito, non se entende por qué socialistas e nacionalistas rexeitaron en xullo, no medio de fortes críticas, a proposición de lei do PPdeG para reducir nun 99% estes impostos, ou as emendas semellantes rexeitadas en decembro no debate da Lei de Orzamentos de 2008, e agora, en tan só sete días, presentan unha lei neste sentido.
- Para o PPdeG, a explicación reside no afán electoralista que impregna a actuación de Pérez Touriño, que preferiu demorar calquera anuncio ata as datas previas á convocatoria electoral, impedindo que o conxunto dos galegos podan disfrutar, desde o 1 de xaneiro, dunha redución tributaria que xa se está aplicar en boa parte do territorio do Estado.
- O anterior Goberno galego do PPdeG xa puxera en marcha unha serie de modificacións tendentes a mellorar o tratamento fiscal de determinadas tramitacións, como a redución a favor dos fillos menores de 21 anos, cunha bonificación do 99% en tramitacións “mortis causa”; a maila redución do 99% para tramitacións “inter vivos” e “mortis causa” de explotacións agrarias, baixo determinadas parámetros.
- Estas medidas culminaban nunha ambiciosa proposta de modificación do tributo prevista no programa electoral.

A Xunta págase a si mesma unha cuarta parte da Lei de Dependencia

- A Xunta págase a si mesma unha cuarta parte da Lei de Dependencia porque dos 51 millóns arredor dun 25% o pagarán todos os galegos con cargo aos orzamentos da Xunta.
- O PPdeG considera que o acordo sobre a transferencia dos recursos económicos para financiar a aplicación da Lei de dependencia en Galicia vai camiño de converterse no documento máis rubricado e publicitado da historia da Autonomía, mentres os cartos seguen sen chegar aos seus hipotéticos destinatarios.
- O PPdeG lembra que o acordo que volveron firmar Quintana e Caldera en Madrid xa foi rubricado hai ano e medio, o 5 de xuño de 2006, sen que desde entón se teña rexistrado avance algún máis aló dos reiterados anuncios propagandísticos promovidos pola Xunta.
- A pesar de que o propio Anxo Quintana anunciara que con cargo a esa partida se ía programar un plan de recursos específico nos programas de dependencia para os ano 2006 e 2007, ningún deses compromisos se ten materializado.
- Con estes antecedentes, o PPdeG parafrasea a Anxo Quintana, que ao comezo das negociacións co Ministerio de Traballo para sacar adiante a Lei da Dependencia, afirmara que “os custes son para nós, os beneficios para Madrid e esa conta non nos sae”. Para o PPdeG, a sucesión de tirapuxas entre a Xunta e o Goberno central para financiar as prestacións da Lei da dependencia corroboran que “as contan non nos saen”.
- Para o PPdeG a sinatura escenificada esta semana en Madrid constitúe o primeiro chanzo dunha longa sucesión de actos electoralistas que encherán, de aquí ao vindeiro 9 de marzo, as axendas de Pérez Touriño e Anxo Quintana, convencidos de que os seus pactos, como o encamiñado a evitar inauguracións, nacen con vocación de ser incumpridos.

NACIONAL

Non se pode enganar a 45 millóns de españois. A economía non vai tan ben como di Zapatero.-

- Os fogares españois apenas aforran un de cada dez euros que ingresan
- O ano 2008 empezou con moi malas noticias para o peto de los españois. É máis que evidente que estamos inmersos nunha crise económica. A despensa da boa xestión do PP rematou e Zapatero nin sequera é capaz de recoñecelo.
- Entramos en 2008 con riscos crecentes. Aumenta a inflación de forma imparable, o crecemento ralentízase, crece o paro, os tipos de interese son máis altos e a crise inmobiliaria ten consecuencias moi graves sobre o conxunto da economía.
- A afirmación de Zapatero de que estamos só ante un bache pasaxeiro é un insulto á intelixencia de todos os españois, que están sufrindo a alza dos prezos, o encarecemento das hipotecas, o parón no sector da vivenda e o aumento do paro.
- O bache de Zapatero é un auténtico socavón. A inflación repuntou ata o 4,3%, unha cota descoñecida desde 1995, e o paro aumentou un 5,27%. A subida dos prezos no 2007 é a máis acusada dos últimos doce anos e os síntomas sobre o emprego nos recordan aos tempos de Felipe González, como demostra o dato de que o paro xuvenil se sitúa no 18,3 %, catro puntos por riba da media europea.
- Zapatero segue empeñado en negar a crise, e o seu ministro de Economía está desaparecido desde as súas desafortunadas declaracións sobre as propinas.
- O Goberno bótalle a culpa ao petróleo e aos cereais da inflación, pero o certo é que de toda a zona Euro onde máis soben os prezos é en España.
- Ante esta situación, é evidente que se necesita un Goberno que sexa capaz de afrontar esta crise. O Partido Popular é o único que pode solucionar os problemas derivados desta crise económica como demostrou no período 1996-2004.
- Por si fora pouco, as últimas subidas das hipotecas representarán un incremento mensual de 76 euros nas cotas e unha subida anual superior aos 910 euros. A elo hai que engadir a presión fiscal, que con Zapatero creceu case tres puntos, demostrando que aquela promesa de baixar os impostos era falsa.
- Este Goberno non é capaz de controlar nin sequera as subidas de aqueles servizos cuxos prezos pode regular. As familias españolas gastarán este ano unha media de case 992 euros máis en servizos básicos (electricidade, gas, hipoteca, auga e transporte público) debido ao incremento que experimentaron coa entrada do novo ano, segundo o cálculo realizado pola Unión de Consumidores de España (UCE).
- A UCE advirte da situación de endebedamento á que se enfrontarán millóns de familias en 2008 pola subida do recibo da luz (3,3%), o gas de uso doméstico (4,8%), a auga (4,5%), o transporte público (Renfe sube os seus billetes un 4% de media) e as hipotecas.
- A economía española perdeu 15 puntos de competitividade exterior entre 1999 e novembro de 2007, o que representa o peor resultado de todos os países da Eurozona, coa excepción de Irlanda, segundo o Banco Central Europeo.
- Ante unha situación como esta, calquera Goberno tería que poñer en marcha un Plan de Choque de Reformas en materia económica, para sacar á economía da desaceleración. Zapatero prefire maquillar a situación económica e xogar á propaganda. O peto dos españois non admite maquillaxes. Non se pode enganar a 45 millóns de españois.

No hay comentarios: