miércoles, 16 de enero de 2008

Crise permanente no Bipartito

- O PPdeG insiste en reclamar unha comparecencia urxente do presidente da Xunta para que explique, en sede lexislativa, a crise permanente que se instalou no bipartito desde que foron convocadas as Eleccións Xerais e maila situación económica que castiga ás familias con especial intensidade.
- Estas razóns están recollidas nunha solicitude de reunión da Deputación Permanente do Parlamento, xa formulada polo Grupo Popular.
- Os tirapuxas no seo da Xunta iniciáronse coa participación da conselleira de Cultura nun acto de reivindicación soberanista celebrado no estadio de San Mamés, continuou cando Ánxela Bugallo desairou a Touriño e se negou a acudir a un acto do ministro de Cultura; cando unha deputada socialista criticou á conselleira de Vivenda, feito que foi contraprogramado polo BNG cunha ameaza de mobilización contra a política da Consellería e do Ministerio de Pesca do PSOE.
- Os encontronazos non rematan aí e despois de que o presidente da Xunta dese a campanada de saída da campaña electoral do PSOE cun anuncio de modificación de lei de sucesións, Quintana queixouse de non ter sido informado con antelación suficiente e reclamou a reforma da proposta. Todo isto, sucedeu un día antes de que o BNG formulase unha moción de censura contra a política informativa do PSOE e contra a manipulación da Teletouriño a través dunha proposición de lei de reforma da norma de creación da CRTVG
O escaso ‘talante’ do PSOE e BNG no Parlamento.-
- O PPdeG cuestiona a estratexia desenvolvida por PSOE e BNG no último período de sesións, entre setembro e decembro de 2007, para cercenar os dereitos democráticos do Grupo Popular na Cámara autonómica. Un reconto somero das principais anomalías rexistradas neste cuatrimeste evidencia que o PPdeG foi vítima, nunha decena de ocasións, de episodios e actitudes que atentan contra os dereitos dos deputados.
- Lembrar as seguintes:
- Triple votación, e mal efectuada, do Proxecto de lei de creación do Instituto de Seguridade e saúde laboral, pola ausencia de dous deputados nacionalistas que saíran do hemiciclo.
- Retraso da votación das PNL’s o 19 de decembro de 2007, para permitir a entrada de tódolos deputados dos grupos que apoian ao Goberno.
- Non se buscou a solución para que as deputadas con baixa por maternidade podan exercer o seu dereito ao voto.
- Non permiten, de xeito reiterado en todos os plenos, expoñer as cuestións de orde que xorden no debate.
- Non se rexistra un equilibrio no reparto de tempos nas Preguntas orais ao presidente da Xunta, a pesar de que Touriño segue a autopreguntarse a través das cuestións que lle formulan os grupos que sustentan ao Executivo, especialmente o socialista.
- Non permitir a tramitación de iniciativas deste grupo, con esixencias como a de eliminar referencias identificativas respecto a empresas afectadas por incendios; non considerar o retraso de máis de 8 anos que acumula o proxecto do auditorio de Lugo como un asunto de interese xeral, vetando o debate da iniciativa; ou reclamar que se borre o nome de David Cal en iniciativas relacionadas coa discriminación da que está a ser obxecto o dobre medallista olímpico galego no reparto de axudas da Consellería de Cultura e Deporte.
- O tratamento que reciben os convidados do Grupo Popular, aos que se vixía ata a saciedade e se lles expulsa rapidamente como amosen no hemiciclo algunha das súas opinións aínda que o fagan dun xeito respectuoso, mentres que se permite a acompañantes do Goberno aplaudir as intervencións.
- Castigar ao Grupo Popular, saltando un acordo previo relacionado co horario de celebración dun pleno, como revancha por exercer un dereito recollido no regulamento, como foi unha solicitude para efectuar unha votación publica por chamamento
- Por último, e máis grave, a expulsión en tan só dez días de dous deputados dunha comisión, sen que existisen razóns que o fundamenten e negándose a presidencia da citada comisión a pedir desculpas, o que obrigou ao Grupo Popular a abandonar ese órgano para esixir un trato igualitario. Polo de agora, nin a Mesa do Parlamento, nin a Presidencia se teñan pronunciado ao respecto, como solicitou o Grupo Popular

No hay comentarios: