miércoles, 16 de enero de 2008

Subida de Impostos polo Cuatripartito


SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO
................. ........... ...Co PP .....Co cuatripartito .....Subida
Tarifa I ...................... 65 € ...............86 € .................24,2%
Vivendas, despachos, locais baleiros, actividades non comprendidas noutros apartados.

Tarifa II ........... ...... .1.500 € ......... .1.700 € ...............11,76%
Supermercados de +200 mts2, hoteis de+75 habitacións, cámpings de+100 prazas, fábricas conserveiras i envasado de alimentos.

Tarifa III ............. .......600 € .......... ....750 € ................20%
Supermercados entre 75 e 200 mts2, restaurantes e similares de +100 mts2, hoteis entre 25 e 75 habitacións, cámpings de -100 prazas, casinos, comercio menor. alimentación e bebidas +75 mts2.

Tarifa IV ............... .....360 € .......... ....450 € ................20%
Comercio menor. alimentación e bebidas entre 50 e 75 mts2, hoteis con cociña de -25 habitacións, hoteis-residencia sen cociña de +25 habitacións, depuradoras,piscifactorías, barcos de paseo, bares, cafeterías e discotecas de +100 mts2, restaurantes e similares entre 50 e 100 mts2.

Tarifa V .............. ......250 € .............. .350 € ................28,57%
Bares e cafeterías entre 50 e 100 mts2, ferreterías e menaxe de +75 mts2, almacéns frigoríficos, almacéns de materiais de construción, acuarios, hoteis residencia sen cociña de -25 habitacións, discotecas de -100 mts2, restaurantes e similares de -50 mts2, estacións de servizo, talleres do automóbil.

Tarifa VI ............ ........120 € ........... ....200 € .................40%
Bares e cafeterías -50 mts2, ferreterías e menaxe -75 mts2, cines, banca, pastelerías, panaderías, tendas de roupa,
mobiliario, regalos, papelería, venta periódicos, talleres en xeral, carpinterías, comercio menor. alimentación e bebidas -50 mts2, tanatorios, froristerías, perruquerías, lavado de vehículos.


IMPOSTO SOBRE VEHICULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

TURISMOS .................................Co PP ........Co cuatripartito ......Subida
De menos de 8 CV fiscais ..........12,62......... .......14,26 €..............11,5%
De 8 a 11,99 CV fiscais ..............34,26 ......... ......38,71 €..... ...... .11,5%
De 12 a 15,99 CV fiscais .............72,12 € ..............81,50 €..............11,5%
De 16 a 19,99 CV fiscais..............90,15 €..............101,87 €.............11,5%
De 20 CV fiscais en diante..........112,39 € .............127,00 € ...........11,5%

CAMIONS
De menos 1000 kg. carga útil....... 42,28 €............. 47,78 € ............11,5%
De 1000 a 2999 kg. carga útil .......83,30 € .............94,13 €.............11,5%
De 3000 a 9999 kg. carga útil ......118,64 €...........134,06 €.............11,5%
De 10.000 kg. carga útil en diante .148,30 € .........167,58 €............ 11,5%

OUTROS VEHICULOS
Ciclomotores hasta 125 cm3 ........... .4,51 €.............. 5,10€..............11,5%
Motocicletas de 125 a 250 cms3 ........7,81€ ..............8,83 €.............11,5%
Motocicletas de 250 a 500 cms3 ......15,63 €............17,66 €.............11,5%
Motocicletas de 500 a 1000 cms3 ....30,65 €........... 34,63 € ............11,5%
Motocicletas máis 1000 de cms3.......
60,70 €............68,59€..............11,5%

TARIFAS POR SUMINISTRO E DEPURACIÓN DE AUGAS

DOMÉSTICA......... Co PP.........Co cuatripartito.........Subida
Cuota fixa minima ....... 21,00 €.................... 40,00 € .....................47,5%
De 0 a 90 mts3 ...............0,24 € ................... 0,24 €
De 91 a 150 mts3 .......... 0,27 €.................... 0,27 €
De máis 150 mts3
....... 0,30 €............... 0,30 €

INDUSTRIAL
Cuota fixa minima.......... 72,00 €.................. 120,00 €.................... 40%
De 0 a 150 mts3 ............. 0,30 € ...................0,30 €
De 151 a 420 mts3 ..........0,36 €....................0,36€
De máis 420 mts3
.........0,39€ ...............0,39€
Dende decembro do 2007, e grazas o goberno cuatripartito contamos con novas taxas e impostos nos tres conceptos anteriormente detallados.
ESTE É, UN PRIMEIRO PAQUETE, pero seguiran outros. Ben e certo, que os tres presentaban déficits, pero non é menos certo que durante os oito anos de goberno do Partido Popular intentamos actualizalos en distintas ocasións e non houbo maneira, debido a negativa permanente dos grupos que agora nos gobernan. Aínda cando, se lles explicou polo miúdo, a problemática que elo podía causar no futuro, nunca accederon. A nosa pretensión, era unha suba escalonada en varios anos, de maneira que se enxugara o déficit gradualmente. Elo foi rexeitado sistematicamente, e agora atopámonos cunha subida fortísima que nalgúns casos chega o 47,5%.
Aínda que se advertiu o alcalde, do dano que a súa medida podía traer a moitas economías familiares, non nos fixo caso. Ofrecémoslle o noso apoio, si o facía do xeito explicado (gradualmente no tempo) pero, aínda que aprazou o pleno durante uns días para falar do asunto, coma sempre, non fomos chamados a xuntanza algunha, e aprobaron unilateralmente o asunto.
Este paquete, (tres impostos) suporá unha media de 60 euros por familia grovense ao ano (familia tipo de 4 membros) e nalgúns casos como o da auga, incídese nun erro importante e insolidario, posto que o que se sube, é o tramo fixo da tarifa; non o variable, en función do consumo, como propuxemos, para acadar máis dun obxectivo, como o aforro da auga po unha banda e que paguen máis, os que máis consumen, por outra.
Fai meses, Esquerda do Grove, presentou en pleno unha moción neste sentido e todos a apoiamos; agora que está no goberno, xa se esqueceu do asunto.
Tanto neste, coma noutros temas, a incongruencia, a amnesia e un proceder arrogante demostran, que non tiñan variñas máxicas e todo se vai conseguir a base da suba de impostos.A xestión, con respecto doutras administracións estás a ser nula e sen resultados positivos para os veciños do Grove

1 comentario:

Anónimo dijo...

Muy buena la foto...encadenados hasta acabar de pagar los caprichos del cuatripartito.
Si antes manteníamos a uno, ahora a cuatro.
Qué conclusión podemos sacar señoras y señores. Pues que muy pronto habrá otra subida de impuestos, no sé quizás la urbana...
Y ese dinero va a servir para ofrecernos mejores servicios a los pobres contribuyentes? Sinceramento me pemito dudarlo