O PP solicitará ao Concello o expediente da subvención utilizada, así como as facturas e as certificacións correspondentes para “actuar en consecuencia”
Miguel Pérez considera “O Colmo da Irresponsabilidade” que O Goberno do Grove pague unhas obras que non se fixeron e xustifique ese delito afirmando que é unha práctica habitual
O Grove, 9 de xaneiro de 2008.- O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Miguel Pérez, considera “o colmo da irresponsabilidade que está a demostrar día a día o cuatripartito” o feito de que o Goberno do Grove pagara unhas obras que non se fixeron e xustifique ese delito afirmando que é unha práctica habitual.
Pérez salienta que a información feita pública días atrás sobre que o Concello tiña admitido e pagado facturas a unha empresa por unhas obras na Casa Consistorial aínda que tales traballos non comezaron a día de hoxe, coa escusa de non perder unha subvención concedida por outra administración, “deixa ben ás claras, por se alguén tiña algunha dúbida, de cáles son as formas e os métodos destes gobernantes que se presentan como os gardiáns do progresismo, da transparencia e das boas prácticas pero que, na realidade, non teñen o máis mínimo reparo en actuar como mellor lles convén, mesmo saltándose a legalidade”.
Para Pérez, o feito agrávase aínda máis coa xustificación dada publicamente polo Goberno local, “que ten a osadía de burlarse dos cidadáns asegurando que esa é unha práctica habitual. “Será –engade- práctica habitual para eses partidos, porque nin o anterior Goberno do Grove nin ningún outro que exerza o seu labor coa responsabilidade que debe utiliza esa práctica, que non é outra cousa que un delito”.

XURISPRUDENCIA
O Partido Popular do Grove ten previsto solicitar ao Concello o expediente da subvención utilizada, así como as facturas e as certificacións correspondentes para “actuar en consecuencia”.

Nese sentido, Pérez afirma que “nin podemos consentir que esa maneira de actuar que o cuatripartito considera habitual volva repetirse, nin podemos consentir que os nosos gobernantes presuman de que a ilegalidade é a norma habitual no Concello do Grove”.
Así mesmo, Miguel Pérez remarca que, segundo a xurisprudencia que o seu partido recopilou sobre tema “isto que o Goberno local ve normalísimo está, por se non o saben ou pretenden ocultalo, moi penado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario