O PP considera “unha burla” a recente visita da directora xeral e esixirá ao Goberno local que explique a súa negativa a remodelar o campo de Lampáns
O Grove, 29 de novembro de 2007.- As últimas decisións da Xunta e do Concello en materia de infraestructuras deportivas demostran unha total falta de interese de ámbalas administracións polo deporte do Grove. O Partido Popular considera “inaudito” que a Dirección Xeral para o Deporte non destinara nin un só céntimo a este municipio dentro do paquete de axudas para a construcción ou mellora de instalacións deportivas que ese departamento concedeu aos concellos galegos e que sumaron un importe total cercano aos dous millóns de euros.
Nese sentido, o portavoz do PP do Grove, Miguel Pérez, considera “unha burla” a recente visita que a directora xeral para o Deporte realizou á localidade, dado que “veu aquí a eloxiar o nivel de afección ao deporte dos grovenses e a recoñecer o contraste coa calidade das infraestructuras coas que contan para practicalo e, poucos días despois, rexeita conceder as dúas únicas axudas que o Concello tiña solicitadas para mellorar esas infraestructuras”. Foi precisamente o Goberno local anterior, presidido por Pérez, o que fixo as ditas solicitudes, destinadas á remodelación do peche do estadio de fútbol do Monte da Vila e a melloras na súa iluminación. Este feito constitúe “unha mostra máis do concepto de xestión do Goberno autonómico, que frivoliza coas necesidades e dereitos dos cidadáns, aos que promete moito de cara á galería e, en canto quitan a foto, danlles a espalda”.

DESIDIA DO CONCELLO
Miguel Pérez acusa, igualmente, ao Concello de “amosar unha desidia absoluta” e subliña que o Goberno local “comparte coa Xunta esa actitude frívola”. “Se quedan tan tranquilos despois do desprezo da Xunta en relación con obras menores”, sinala,“dificilmente serán capaces de conseguir as achegas necesarias para rematar o pavillón das Bizocas como lle queren facer crer aos veciños de San Vicente”.
O Partido Popular presentará, por outra parte, unha iniciativa no Concello para esixir que o Goberno municipal explique a súa negativa a remodelar o campo de fútbol de Lampáns, proxecto que tiña previsto o anterior Goberno. “Atopámonos –apunta Miguel Pérez- cun novo capricho do cuatripartito, que está empecinado en negarse a investir nesas obras, cando é unha das poucas ocasións en que non existe problema algún para levalas a cabo”. A ese respecto, o voceiro popular lembra que os orzamentos de 2006 incluíron o financiamento necesario “e se conta ademais co acordo dos comuneiros de San Vicente, que mesmo están dispostos a ceder máis terreo”.
En lugar de traballar polo ben do municipio, engade, “o Goberno malgasta os seus esforzos en criticar á Deputación baseándose en falsidades, posto que o organismo provincial, en contra do que afirma o concelleiro de Deportes, achega a ese campo 300.000 euros”. “Unha vez máis –conclúe Pérez- asistimos á maniobra recorrente de quenes se fan chamar progresistas, consistente en mentir sobre outros para intentar agochar as súas propias mentiras e incongruencias”
No hay comentarios:
Publicar un comentario