viernes, 16 de noviembre de 2007

Aniversarios e Riadas

Foto cedida por www.sustansia.com

Nestes días, estase a cumprir un ano, daquel fatídico día en que se abriu o ceo, e descargou na nosa comarca a maior cantidade de auga que calquera de nós recorde. Aínda que non tivemos que lamentar desgrazas persoais, nin que dicir ten, a cantidade de danos de todo tipo que aquel feito lles causou aos veciños e aos seus bens. No noso concello, foron moitisimas as solicitudes de todo tipo que se tramitaron ( casas, baixos e garaxes anegados, coches inservibles, comercios que perderon toda a súa mercadoría, muros que se viñeron abaixo, eta. ). Entre elas, as máis dramáticas, a situación de tres familias que se quedaron sen casa. O concello, dende o primeiro momento puxo a súa disposición todo canto necesitaron, incluído, o pago en réxime de aluguer de cadansúa vivenda. Houbo promesas de todo tipo polo bigoberno da Xunta, pero a pesares do tempo transcorrido todo sigue igual. As axudas aos particulares, despois de tódalas pegas para poder acceder ás mesmas seguen sen chegar nunha porcentaxe altísima, igualmente pasa cos comerciantes, e que dicir, das familias que quedaron sen fogar. Seguen de aluguer, e menos mal, que se fixo cargo o concello, porque a Consellería de Vivenda, non se fixo cargo do asunto. Nin se fixo cargo do aluguer, E LOGO DUN ANO, as casas seguen polo chan. Todo elo, contrasta coa propaganda, coa que nos abafan, día si, día tamén, en plans de todo tipo, e non son capaces de arranxar a situación de tres familias, que a solidariedade de todo o pobo paliou poñéndolle vivenda o concello. Que diferenza, coa situación de fai cinco anos, no transcurso do desgraciado accidente do Prestige, que unha administración seria, áxil e rigorosa tiña no final daquel mesmo mes, a milleiros de persoas, cobrando un salario digno, namentres duraba o problema. I elo, ven a conto, porque nestes días, unha vez máis, o aparato da propaganda da Xunta ( este departamento si que funciona ) ven de celebrar con intencións unicamente electoralistas ( eleccións xerais a vista ) o aniversario desta accidente logo de cinco anos. ¿ É ese, o tempo que lle espera as familias que quedaron sen casa, para que lle resolvan o problema ? ¿ Celebrarán no 2011, a vaga de lumes que o ano pasado provocou catro mortos, e milleiros de hectáreas de monte estragadas ?


En ningures, se celebraría de semellante maneira ( selectiva ) este tipo de catástrofes, a non ser eiquí e polo actual bigoberno. Tamén, por si non se deran conta, DE FORMA SEPARADA, que demostra unha vergoñenta doses de protagonismo, que temos dous gobernos, e que se aveciñan as eleccións.



Baleela

No hay comentarios: