No ano 2000, o Concello de O Grove, xuntamente co de Sanxenxo, conseguiu o Plan de Excelencia Turística, que posibilitou múltiples accións no ámbito territorial que melloraron sensiblemente a imaxe do noso concello e tamén a súa capacidade de atracción de visitantes.
Nas accións levadas a cabo, tamén destacaron as actividades enfocadas a crear e consolidar produtos turísticos, como foran as actividades náuticas, as formativas, as de promoción, as enfocadas o medio ambiente, etc.
Entre estas últimas, destacou especialmente, polo novedoso, a posta en marcha das Estacións de bicicletas, que foi algo pioneiro no Estado Español, e así o recoñeceron varias asociacións cicloturisticas de toda España.
No noso concello tamén resultou un éxito, pasando a ser unha oferta imprescindible nos veráns dos últimos anos, cun niveis de aluguer por parte dos visitantes moi elevado. Os seus principais usuarios eran turistas que utilizaban a bicicleta para desprazarse polo municipio e os estudantes alemáns que dende fai anos visitan o Grove, nesta época do ano.
Nin que dicir ten, o acertado da medida,
- en canto a oferta turística,
- en canto a promoción do uso, dun vehículo ecolóxico,
- un produto turístico para tódalas idades,
- a súa contribución para reducir o tránsito de vehículos pola nosas rúas
Por iso, resulta incomprensible que o verán pasado, e logo do éxito dos últimos anos, este cuatrigoberno non mostrara o máis mínimo interese por este servizo, que xa está en marcha, e tán só necesita unha posta a punto das bicicletas.
Desculpouse, o concelleiro responsable de turismo, Sr. Olleros, aínda que con certa ironía e non menos desprezo, que ese invento non funcionaba e que ademais xa era tarde para poñelo en marcha.
Agora, que unha cidade como Barcelona, votou a andar unha iniciativa semellante i está sendo o igual que aquí, un éxito, rogámoslle o Sr.
Olleros, que con tempo suficiente por diante, e unha vez comprobado que tampouco ten moito máis que ofrecer, pois os meses van pasando e aínda non vimos unha soa iniciativa súa, se poña a traballar e vote a andar as estacións de bicicletas. Estamos seguros, que se sentira contento delo, posto que se dará conta do beneficioso que en moitos aspectos resulta e ademais chega a moita xente.
Esixímoslle dende o Partido Popular, que tome as medidas necesarias e a maior urxencia posible, as bote a andar, toda vez que dispoñemos da infraestrutura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario