Pese a ser un dos argumentos máis recorrentes e empregados na campaña electoral por máis dun grupo político, votando por fora con múltiples e sustanciosas promesas de mellora, a realidade agora é ben diferente. A xestión do Sr. Cacabelos no apartado de limpeza é cochambrosa, e iso que agora ten vostede, a unha persoa en dedicación exclusiva a elo, á mellora me refiro, situación que no noso caso non sucedía, pero que se suplía coa enorme ilusión e ganas de traballar que a elo lle poñiamos.
Traer a este Pleno esta cuestión, créanme, non é cousa que nos agrade. Pero é que non nos queda máis remedio que denunciar a desastrosa xestión e a destrución do funcionamento do que era un bo servizo. A los hechos me remito:
- houbo unha limpeza de beirarrúas no rural. Ben. Pero e que toda o lixo, terra, herbas, amontoadas botaron meses podrecendo sen ser retiradas e seguen en algúns lugares aínda sen ser recollidas. Meloxo, Reboredo, Campos, A Cachada,...
- Os contenedores de papel –cartón e vidro (Confín, Terra de Porto, Alexandre Bóveda, Luis A. Mestre,..etc) botan días cheos a rebentar e sen ser recollidos.O responsable da empresa encargada da recollida necesita que llo recorden máis acotío.
- O entorno dos puntos de contenerización en algúns barrios e rúas están cheos de refugallos ( Baladas, S. Vicente, S. Vicente do Mar, Pedras Negras, Xoán XXIII, Sineiro, rúa do Sol, Confín,Virxe das Mareas, Lordelo, O Con,...etc) Nas Baladas teñen a altura dun neno de 6 anos. LAMENTABLE.
- O lixo de limpar as praias, algunhas con bandeira azul, en algunha delas permanece no monterreiro sen retirar. Ollo con isto. É un motivo suficiente para a retirada do galardón.
- A limpeza urbana é calamitosa. E estamos no verán. Rúas céntricas cheas de lixo, papeleiras sen baleirar. Persoal sabemos que o hai. Pero onde está?
- O marxes das carreteras de acceso ás praias están cheos de silvas. Vexa vostede por exemplo a de Areas de Reboredo. Tamén con bandeira azul. Ten silvas hasta nas pasarelas de madeira. Unha vergoña.
- Os contenedores de Beiramar as dúas da tarde están a rebosar. Ademais non hai separación dos diferentes residuos. Compre aplicar a lexislación e sancionar ós que incumpren o horario de depósito do lixo.
Decátese Sr. Alcalde que estamos no verán e que temos a obriga de dar a mellor imaxe os nosos visitantes e proporcional ao potencial atractivo turístico que posúemos.
Por todo elo ROGAMOS:
Se tome en serio todas estas denuncias formuladas e adopte as medidas necesarias para reconducir a situación de empeoramento progresivo na xestión do servizo de limpeza.De non ser así, no sucesivo plantexariamonos pedir responsabilidades políticas ó delegado do departamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario