O importante nivel de concienciación ambiental, acadado na actualidade no noso concello, é froito do traballo continuado que nos últimos anos se ven levando a cabo dende diferentes sectores da nosa sociedade.
Máis sobre todos eles destaca predominantemente a tarefa desenvolvida no ámbito educativo, no cal os anteriores gobernos do Partido Popular, baixo a máxima, FORMAR HOXE AOS CIDADÁNS DO MAÑAN, puxo en marcha iniciativas formadoras tendentes a fomentar diversos aspectos:
- a sensibilización polo respecto o medio natural,
- o fomento e a divulgación das boas prácticas ambientais,
- programas formativos sobre a correcta separación dos residuos, a
reciclaxe e a reutilización,
- boas prácticas de consumo racional dos recursos naturais.
Para elo, previamente dende as concellerías de Medio Ambiente i Educación se realizou unha diagnose ambiental do concello, pulsando a opinión sincera dos nosos veciños.
E neste senso, unha das liñas mestras da política ambiental do Partido Popular foi e segue a ser a nosa aposta pola optimización dos procesos de separación e reciclaxe dos diferentes residuos. Pero non só nos debemos conformar coa mellora dos servizos xa prestados, senón que se debe tamén innovar cara a ofertar, novos servizos que permitan a separación en orixe das diversas tipoloxías de residuos.
Do axeitado funcionamento de dita política se concretan dous obxectivos a acadar; isto é, a evidente implicación en materia medioambiental e tamén unha inherente e non menos importante repercusión económica, de xeito que a adecuada separación dos residuos reciclables provoca unha evidente diminución da cantidade que é enviada a Sogama, o cal ten un custe proporcional por tonelada, onde todo elo se traduciría nunha vía de aforro neto no servizo.
Convencidos de que estes procedementos, xunto coa introdución de novas técnicas para o tratamento, nos sitúan no camiño no cál se debe avanzar, i é por elo, que PROPOÑEMOS, o pleno da corporación, a implantación no noso concello dos seguintes servizos,
A RECOLLIDA E RECUPERACIÓN DE ACEITES DOMESTICOS.
Foi esta unha das últimas xestións da concellería de Medio Ambiente do Partido Popular, polo que xa se ten avanzado algo neste senso. Trátase de crear un servizo de recollida dos aceites empregados no fogar e que as máis das veces rematan nos sumidoiros.
Logo dunha adecuada campaña informativa, deberíase comezar polas vivendas dunhas rúas determinadas, de xeito experimental. Nestes domicilios o concello distribuiría depósitos o efecto. Debese depor de lugares céntricos de recollida, e o destino destes aceites será a posterior conversión en combustible biodiésel.
Outra vantaxes intrínsecas son:
-que facilita o proceso de depuración das augas residuais,
-que reduce o gasto en mantemento das condución,filtros e mecanismos
mos que son deteriorados pola acción das graxas.
RECOLLIDA SELECTIVA DA ROUPA.
Propoñemos que se inicien as pertinentes xestións para dotar o noso concello dun servizo de recollida de roupa, ben sexa a través da colocación de contenedores ou de outra vía alternativa.
Esta iniciativas son ,sen ningunha dúbida, importantes modelos a seguir na procura dunha liña estable i adecuada da xestión dos residuos i por elo SOLICITAMOS ao pleno o seu apoio para a súa implantación.
Fernando Meis.
Concelleiro responsable de Medio Ambiente do Partido Popular.

No hay comentarios:
Publicar un comentario