domingo, 9 de febrero de 2014

Carta afiliados XVIII Congreso Local do Partido Popular do Grove


En O Grove, a 7 de febreiro de 2014

 Estimado/a afiliado/a:


A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular acordou a celebración do VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove que terá lugar o vindeiro  9 de marzo de 2014 ás 12:00 horas na Casa da Cultura e no que se elixirá ao novo Presidente/a e ao novo Comité Executivo encargado de dirixir e representar, de aquí en diante, ao Partido Popular no noso Municipio.

 Asimesmo, a Xunta Directiva Provincial aprobou o Regulamento deste VIII Congreso Local que se atopa a disposición de todos os afiliados na Sede sita na Rúa Castelao, 55 - Esquerda. Igualmente a Xunta Xestora Local nomeou a seguinte Comisión Organizadora responsable do seu impulso, coordinación e organización. 

Presidente: Juan Luis Callón Cameán

Vicepresidenta: Marta Domínguez Sineiro

Secretario: Fernando Meis García

Vocais: Benito Álvarez López e José Manuel Domínguez García

 
Para ser proclamado candidato á Presidencia do Partido Popular de O Grove será necesario presentar ante a Comisión Organizadora do Congreso o apoio de alomenos 50 militantes (no modelo aprobado ao efecto pola Comisión Organizadora) nun prazo que rematará ás 20:15 horas do día 24 de febreiro de 2014.

Igualmente, para presentar candidatura ao Congreso será necesario presentar alomenos 120 avais (no modelo aprobado ao efecto pola Comisión Organizadora) nun prazo que rematará ás 12:00 horas do día 7 de marzo de 2014.

 Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar neste Congreso será necesario, de acordo co que sinalan os Estatutos do PP, figurar inscrito no Censo de Afiliados existente na Sede Local.

Para todo aquel afiliado que desexe presentar a súa candidatura ou soamente comprobar as súas circunstancias persoais, infórmase que a Sede Local permanecerá aberta entre as 19:15 e as 20:15 horas os días 12, 14, 17, 19, 21, 24, 26 e 28 de febreiro e o 3 e 5 de marzo. O día 7 de marzo a Sede Local permacerá aberta soamente de 11:00 a 12:00 horas.  

Para  calquera outra dúbida ou aclaración respecto deste Congreso, non dubides en poñerte en contacto coa Sede Local do Partido. Estamos seguros de contar coa túa presencia no Congreso que, co esforzo de todos, será decisivo para o futuro do noso Partido e de O Grove.

O Presidente da Comisión Organizadora do Congreso

Asdo.: Juan Luis Callón Cameán

No hay comentarios: