Unha Economía Local Prioritaria
O PXOM como punto de partida esencial para favorecer e potenciar o desenvolvemento integral do municipio
Impulso do sector turístico como un dos motores esenciais da economía do Grove, cunha maior implicación e presenza desta área esencial dentro do plan de acción do goberno do concello e o desenvolvemento dunha Promoción turística estable e permanente ao longo de todo o ano: con novas iniciativas e representación nos principais eventos de promoción do sector: feiras, festas e congresos.
Propósito firme de colaboración e potenciación das actuacións conxuntas e actividades de promoción do comercio local (Centro comercial aberto) coa finalidade de axudar á revitalización do tecido comercial e ofrecerlles un novo impulso que favoreza a súa competitividade.
Institucionalización, promoción e difusión da marca de calidade Centolo do Grove que permita garantir o nivel de calidade deste producto.
Área temática do Mar Meloxo-Moreiras coa finalidade de acadar a posta en valor dun entorno común da cultura mariñeira.
Museo da Salga
Parques de cultivo
Senda peonil “Monte da Serpe”
Centro de Interpretación do Mexillón
Formulamos como obxectivo a coordinación cos diferentes concellos da mancomunidade para impulsar e promover o Consorcio Turístico do Salnés: órgano de promoción turística do Val do Salnés, coa participación do empresariado.
Fomentar a incorporación e aplicación das novas tecnoloxías na actividade das empresas e nos procesos de negocio, potenciando e coordinando as iniciativas desenvolvidas polos diversos organismos da Administración Galega
No hay comentarios:
Publicar un comentario