Recursos físicos de vital importancia para o Municipio
Centro de saúde, unha necesidade vital.
O Grove merece un centro de saúde ben equipado, moderno e accesible, que ofreza a todos os veciños e veciñas os mellores servizos sanitarios. Retomaremos este proxecto abandonado polo actual goberno do Grove e dirixiremos os nosos esforzos á consecución do mesmo o máis axiña posible
O Centro de Día. Atención de calidade para os nosos maiores
Recuperaremos o diálogo coa Xunta de Galicia co firme propósito de acadar os apoios necesarios e a inclusión deste proxecto na rede de Centros da Xunta de Galicia, construíndo o edificio e dotándoo de todos os servizos, equipamento e persoal necesario para facer posible o seu funcionamento.
Xa contamos coa solución para a consecución do Auditorio Municipal. Centro neurálxico das actividades artísticas, tradicionais e culturais da vila.
Pavillón Polideportivo en Monte da Vila.
Pavillón Polideportivo de As Bizocas.
Campo de fútbol das Lampáns: revisión, modificación e actualización do proxecto para resolver tódalas irregularidades e completar a súa remodelación e finalización.
Porto Deportivo: seguiremos coa tramitación desta infraestrutura que, por fin, a Xunta de Galicia gobernada polo señor Feijoo votou a andar. Aumentará a oferta turística, creará postos de traballo e converterá a O Grove nun referente do sector en Galicia.
Especial atención e esforzo para a consecución de infraestruturas e equipamentos deportivos.
Centro de Interpretación do Mexillón: espazo destinado á difusión e promoción do proceso de cultivo deste molusco, produto estrela do noso concello.
Habilitación de novas zonas de aparcamento público no casco urbano para asegurar e facilitar a circulación do tráfico.
Recuperación do plan de peonalización e rehabilitación dos espazos públicos iniciado no anterior mandato do PP, que permita gozar dun espazo público de calidade a tódolos veciños. Atención especial aos barrios nos servizos básicos: saneamento, alumeado, pavimentación, limpeza, mobiliario urbano e accesibilidade.
Realización dunha senda como pasarela de unión da zona portuaria de Porto Meloxo con Virxe das Mareas.
Acondicionamento e empedrado de tódolos viales internos do Cemiterio Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario