Nin o Sr Cacabelos nin a Sra Canoura moveron un só dedo para restaurar o servizo
Son moitos os usuarios e usuarias que cada día se achegan á biblioteca do Grove co propósito de acceder a Internet cos seus portátiles ou utilizar os ordenadores da aula informática. O que se atopan cando chegan é que non poden facer uso destes servizos
En plena era da Sociedade da Información, Internet tense convertido no medio máis importante de información e comunicación. Os escolares fan uso da Rede para buscar información, facer traballos escolares e estudar; os adultos para facer diversas xestións como buscar traballo, enviar currículos, realizar trámites coa administración e os bancos, transaccións comerciais ..
Sen embargo, debido a tremenda crise económica que nos tocou vivir (gracias á nefasta política económica do PSOE, que tamén goberna no Grove), hai moitas familias que non poden permitirse o luxo de pagar unha conexión a Internet e un equipo informático. E aí é onde a administración ten que poñer a disposición da cidadanía os recursos necesarios para acceder a eses servizos
Na actualidade tódalas bibliotecas municipais ofrecen estes servizos de conexión, e ata fai pouco, a do Grove tamén era unha delas. A Biblioteca do Grove conta cos recursos para prestar os servizos, pero o goberno non fai o mais mínimo esforzo para poñelos a disposición da cidadanía. A aula de Internet, con máis de 15 ordenadores listos para o seu uso, permanece pechada desde pouco despois da chegada do PSOE ó goberno desta vila, e a conexión WIFI deixou de funcionar fai uns dous meses sen que nin o Sr Cacabelos, nin a Sra Canoura se preocupara por volver a poñela en servizo.
Deste xeito, mentres a Concelleira de Novas Tecnoloxías presume na prensa da súa magnífica xestión nese eido, cada día aumentan máis as diferenzas entre os que teñen recursos para poder pagar a conexión e os que non poden permitirse este gasto. Os escolares non poden facer os seus traballos, os adultos non poden acceder á información nin realizar trámites...
O Partido Popular do Grove pedimos e esiximos ó Sr Cacabelos e á Sra Canoura que arranxen a situación canto antes, que restaure a conexión WIFI na biblioteca e poña a disposición de tódolos veciños/as a aula de Internet. Porque os veciños e veciñas do Grove tamén temos o dereito de acceder á información e á cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario