lunes, 10 de marzo de 2014
martes, 25 de febrero de 2014
Miguel Ángel Pérez, único candidato a presidir o PP do Grove
O Grove, 25 de
febreiro de 2014.- O popular Miguel
Ángel Pérez convértese no único aspirante á presidencia do PP local do Grove
despois de que na tarde de onte se pechara o prazo para a presentación de
candidaturas a liderar a formación local.
Así o comunicou o presidente do Comité Organizador do Congreso, Juan Luis Callón, quen explicou ademais que o candidato á reelección, conseguiu o apoio de 91 militantes do PP do Grove, 41 máis dos esixidos polo regulamento do Congreso, e ten ata o día 7 de marzo para presentar a candidatura e os avais necesarios.
Así o comunicou o presidente do Comité Organizador do Congreso, Juan Luis Callón, quen explicou ademais que o candidato á reelección, conseguiu o apoio de 91 militantes do PP do Grove, 41 máis dos esixidos polo regulamento do Congreso, e ten ata o día 7 de marzo para presentar a candidatura e os avais necesarios.
O congreso
celebrarase o domingo, 9 de marzo ás 12.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro
Rey.
O Comité Organizador
do Congreso está presidido por Juan Luis Callón Cameán, a vicepresidenta é
Marta Domínguez Sineiro, o secretario
Fernando Meis García e os vogais Benito Álvarez López e Manuel Domínguez
García.
TRAXECTORIA POLÍTICA
Miguel Ángel Pérez
naceu no Grove en 1958. É o presidente da xestora do PP local desde 2006.
É concelleiro do
grupo Popular municipal desde 1991 e foi alcalde desde 1999 ata 2007, ano no
que perde a alcaldía e pasa a ser o voceiro do grupo popular e o xerente do
Parque de Bombeiros do Salnés.
En 2011 volve a encabezar as listas municipais do Partido Popular e
consegue ser a forza máis votada, recuperando de novo a alcaldía.
lunes, 24 de febrero de 2014
Candidaturas á Presidencia do PP do Grove
Ás 20:15 h do
luns 24 de febreiro rematou o prazo para a presentación de candidaturas á
Presidencia do PP do Grove
O Comité
organizador do VIII Congreso Local ven de comunicar que Miguel Ángel Pérez
García queda proclamado candidato á presidencia do PP do Grove con 91 apoios de
afiliados.
Non se presentou ningún outro candidato/a á Presidencia do PP do Grove
O proceso congresual continua.
Non se presentou ningún outro candidato/a á Presidencia do PP do Grove
O proceso congresual continua.
domingo, 9 de febrero de 2014
VIII Congreso Local do Partido Popular do Grove
A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular acordou a celebración do VIII Congreso Local do Partido Popular do Grove que terá lugar o vindeiro 9 de marzo de 2014 ás 12:00 horas na Casa da Cultura "Manuel Lueiro Rey".
Neste Congreso serán elixidos o novo Presidente/a e o novo Comité Executivo encargados de dirixir e representar, de aquí en diante, ao Partido Popular no Municipio do Grove.
Para facilitar o acceso á información de todos os afiliados e afiliadas do Partido Popular, a Sede Local permanecerá aberta entre as 19:15 e as 20:15 horas os días 12, 14, 17, 19, 21, 24, 26 e 28 de febreiro e o 3 e 5 de marzo. O día 7 de marzo a Sede Local estará aberta soamente de 11:00 a 12:00 horas.
Para calquera outra dúbida ou aclaración respecto deste Congreso, non dubides en poñerte en contacto coa Sede Local do Partido.
Documentos:
Etiquetas:
Congreso Local
Carta afiliados XVIII Congreso Local do Partido Popular do Grove
En O Grove, a 7 de febreiro de 2014
Estimado/a afiliado/a:
A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular acordou a celebración do VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove que terá lugar o vindeiro 9 de marzo de 2014 ás 12:00 horas na Casa da Cultura e no que se elixirá ao novo Presidente/a e ao novo Comité Executivo encargado de dirixir e representar, de aquí en diante, ao Partido Popular no noso Municipio.
Asimesmo, a Xunta Directiva Provincial aprobou o Regulamento deste VIII Congreso Local que se atopa a disposición de todos os afiliados na Sede sita na Rúa Castelao, 55 - 1º Esquerda. Igualmente a Xunta Xestora Local nomeou a seguinte Comisión Organizadora responsable do seu impulso, coordinación e organización.
Presidente: Juan Luis Callón Cameán
Vicepresidenta: Marta Domínguez Sineiro
Secretario: Fernando Meis García
Vocais: Benito Álvarez López e José Manuel Domínguez García
Para ser proclamado candidato á Presidencia do Partido Popular de O Grove será necesario presentar ante a Comisión Organizadora do Congreso o apoio de alomenos 50 militantes (no modelo aprobado ao efecto pola Comisión Organizadora) nun prazo que rematará ás 20:15 horas do día 24 de febreiro de 2014.
Igualmente, para presentar candidatura ao Congreso será necesario presentar alomenos 120 avais (no modelo aprobado ao efecto pola Comisión Organizadora) nun prazo que rematará ás 12:00 horas do día 7 de marzo de 2014.
Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar neste Congreso será necesario, de acordo co que sinalan os Estatutos do PP, figurar inscrito no Censo de Afiliados existente na Sede Local.
Para todo aquel afiliado que desexe presentar a súa candidatura ou soamente comprobar as súas circunstancias persoais, infórmase que a Sede Local permanecerá aberta entre as 19:15 e as 20:15 horas os días 12, 14, 17, 19, 21, 24, 26 e 28 de febreiro e o 3 e 5 de marzo. O día 7 de marzo a Sede Local permacerá aberta soamente de 11:00 a 12:00 horas.
Para calquera outra dúbida ou aclaración respecto deste Congreso, non dubides en poñerte en contacto coa Sede Local do Partido. Estamos seguros de contar coa túa presencia no Congreso que, co esforzo de todos, será decisivo para o futuro do noso Partido e de O Grove.
O Presidente da Comisión Organizadora do Congreso
Asdo.: Juan Luis Callón Cameán
Etiquetas:
Congreso Local
Suscribirse a:
Entradas (Atom)