martes, 25 de febrero de 2014

Miguel Ángel Pérez, único candidato a presidir o PP do Grove

O Grove, 25 de febreiro de 2014.- O popular Miguel Ángel Pérez convértese no único aspirante á presidencia do PP local do Grove despois de que na tarde de onte se pechara o prazo para a presentación de candidaturas a liderar a formación local.

Así o comunicou o presidente do Comité Organizador do Congreso, Juan Luis Callón, quen explicou ademais que o candidato á reelección, conseguiu o apoio de 91 militantes do PP do Grove, 41 máis dos esixidos polo regulamento do Congreso, e ten ata o día 7 de marzo para presentar a candidatura e os avais necesarios.
O congreso celebrarase o domingo, 9 de marzo ás 12.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
O Comité Organizador do Congreso está presidido por Juan Luis Callón Cameán, a vicepresidenta é Marta Domínguez Sineiro,  o secretario Fernando Meis García e os vogais Benito Álvarez López e Manuel Domínguez García.

TRAXECTORIA POLÍTICA
Miguel Ángel Pérez naceu no Grove en 1958. É o presidente da xestora do PP local desde 2006.
É concelleiro do grupo Popular municipal desde 1991 e foi alcalde desde 1999 ata 2007, ano no que perde a alcaldía e pasa a ser o voceiro do grupo popular e o xerente do Parque de Bombeiros do Salnés.
En 2011 volve a encabezar as listas municipais do Partido Popular e consegue ser a forza máis votada, recuperando de novo a alcaldía.  


No hay comentarios: