miércoles, 14 de marzo de 2012

Alcalde e concelleiros manteñen unha xuntanza cos veciños de Porto de Meloxo.

Repasáronse diversos temas que son de preocupación veciñal e para os cales solicitaron compromiso por parte do concello.

O Grove, 14 de marzo do 2012.-

Con motivo de cumprirse un ano dende que votara a andar a nova directiva da Asociación de Veciños do Porto de Meloxo esta solicitou unha xuntanza cos responsables municipais para avaliar por unha parte a situación da barriada e pola outra buscar o compromiso do concello para con aqueles temas que máis lles preocupan.

A xuntanza acudiu o alcalde, o concelleiro de persoal, o concelleiro de seguridade e limpeza mailo concelleiro de obras.

Os temas a tratar foron diversos e entre eles destacaron os relacionados con obras, como o cambio dunhas tapas que instaladas no centro da carretera fan moitísimo ruído, a construción dunha beirarrúa nunha das travesías para evitar o acercamento dos vehículos pesados cara as casas ou a instalación de bancos nalgunha área concreta. Tamén solicitaron a instalación dalgún xogo ou pista multiusos para os rapaces de idades entre os 6 e os 14 anos, posto que a área infantil existente aínda que en boas condicións, é para nenos entre 0 e 6 anos.

Noutro eido de cousas solicitaron a limpeza dos areais da zona, praia do Porto e Lavaxeira. Esta situación xa se lles comunicou no mesmo momento que será obxecto de limpeza nas próximas semanas. Incidiron tamén en temas de seguridade vial, solicitando algún paso de peóns, paso elevado, espello e diversa sinalización.

Outro dos aspectos polos que mostraron preocupación foi pola proliferación de cans soltos ao que se lles solicitou que unicamente deben poñelo en coñecemento dos servizos municipais para retiralos.

Por outra banda o alcalde recordoulles as actuacións que no lugar se levaron a cabo nos últimos meses, destacando a pavimentación de camiños e nos últimos días a instalación dunha marquesiña nova na parada escolar no propio Porto de Meloxo e a retirada de muros que están a posibilitar a mellora de camiños no lugar de Boibas.

Co compromiso por parte dos membros da corporación municipal de ir arranxando estes temas o máis axiña posible quedaron emprazados para, cando así o soliciten, manter novas xuntanzas.

No hay comentarios: