O centro da terceira idade e o mercado de abastos son os lugares onde se instalarán os servizos ofertados.
O Grove, 13 de febreiro do 2012.-
Na última sesión da xunta de goberno local celebrada o pasado venres o goberno grovense aprobou as bases que rexeran a contratación de dous servizos de cafetería en sendos establecementos públicos.
Tratase do centro da terceira idade e o mercado de abastos. No primeiro caso, rematou o período de vixencia do contrato anterior e faise necesario facer un novo concurso para poder adxudicar o servizo que será por un período de catro anos. No caso do mercado é a primeira vez que este servizo se vai a ofertar nestas dependencias. Tratase de completar a oferta que o mercado municipal fai, acadando unha maior ocupación de locais que nos últimos meses está a crecer e ofrecendo máis variados servizos aos seus clientes.
A adxudicación anterior, na que se ocuparon tres locais (peixería, charcutería – carnicería e froitería) sumaríase agora a cafetería, nun mercado céntrico e que conta ademais cunha importante zona de aparcamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario