miércoles, 4 de enero de 2012

O concello de O Grove maila Deputación de Pontevedra levaron a cabo nas ultimas semanas o arranxo e creación de pistas, camiños e zonas de aparcamento que melloraron moitos lugares do concello

Un total de máis de15.000 metros cuadrados foron os beneficiados pola actuación.

O Grove, 4 de xaneiro de 2012.-

A colaboración entre as dúas administracións (Deputación de Pontevedra e Concello de O Grove) fixo posible o arranxo nalgúns casos e a construción noutros de diversos camiños, pistas e incluso a creación dunha ampla zona de aparcamento nas inmediacións da igrexa de San Vicente que vai dar un importante servizo aos veciños do lugar que habitualmente, cando asistian a distintos actos relixiosos tiñan que deixar os seus vehiculos nas beiras das cunetas, ofrecendo en moitos casos, situacións de verdadeiro perigo.

Temos que salientar a colaboración que unha vez máis a Comunidade de Montes de San Vicente prestou neste caso ao por a disposición de todos, os terreos necesarios para levar a cabo esta zona de aparcadoiro que inclusive nas datas de verán poderá prestar sevizo de cara as praias por atoparse moi preto delas.

As zonas beneficiadas polas melloras son as seguintes:

En San Vicente do O Grove,
  • Zona de aparcamento no entorno da Igrexa

  • Baixada as praias de Carreiro e Barreiriño
  • Outeiro
  • Rio dos Paus
  • Temperáns
En San Martiño do Grove,
  • O Altiño
  • Paredes
  • A Millán
  • Virxe ds Mareas
  • Porto de Meloxo
  • Carballeira
  • Senriñas
  • As Bouzas

No hay comentarios: