Noticia publicada en todogrove.com
Este luns 12 ás 19.30 horas na Casa de Cultura Ángel Vázquez Hereder, de San Vicente vaise celebrar unha charla para informar sobre as posibilidades que ofrece a disposición transitoria terceira da LOUGA, establecendo determinadas posibilidades “a fin de que os propietarios de construcións (residenciais, naves, instalacións prestadoras de servizos...) que están fora da normativa vixente e cumpran coas determinacións establecidas na citada disposición poidan acollerse á mesma co obxetivo de regular a súa situación”.
“Tratase dunha posibilidade que establece a lei e que aínda quedando fora de ordenación poderán patrimonializarse estas edificacións e conseguir unha documentación que as regularice”, sinala Miguel Ángel Pérez. Son varios os requisitos que deben cumprir as mesmas pero fundamentalmente, estar rematadas antes do 1 de xaneiro de 2003 e non contar cun expediente de infracción urbanística en vigor.
Dende o Concello meco animan a participar nesta charla a todos aqueles interesados, coa intención de ofrecer unha “detallada información”, “onde un equipo técnico especializado nestes casos informara detalladamente de como afrontar un expediente destas características.
O Concello do Grove aprobou no último pleno unha ordenanza fiscal para aplicar a estas situacións e iniciou este traballo de cara a solucionar algúns problemas plantexados na vila
No hay comentarios:
Publicar un comentario