Na mañá deste venres, achegáronse ata O Grove os números tres e catro da candidatura do PP ao Congreso por Pontevedra, Paz Lago e Telmo Martín, que acompañados polo alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, e por varios concelleiros populares realizaron un percorrido pola vila grovense repartindo propaganda e papeletas entre os veciños e veciñas.
Tras fixar como punto de reunión a cafetaría Habanero, a comitiva popular iniciou pouco antes das once da mañá un percorrido polas rúas grovenses que os levou dende Castelao ata o mercado semanal que na mañá deste venres tiña lugar no Corgo, onde concluíron este reparto de propaganda e papeletas.
Nesta xornada de intensa actividade política, na que o PP pontevedrés programou nada menos que once actos ao longo da xornada, acudiron ata O Grove os números tres e catro da candidatura deste partido ao Congreso dos Deputados, a senadora e concelleira en Sanxenxo, Paz Lago, e o que fora alcalde do municipio veciño e que actualmente lidera a oposición no Concello de Pontevedra, Telmo Martín.
Mais os candidatos non estiveron sos neste percorrido electoral previo á xornada de reflexión, posto que foron acompañados polo alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, e por varios dos concelleiros deste partido no actual Goberno, coma Juan Luís Callón, Manuel Ochoa, Carlos Otero, Laura Besada ou Marta Domínguez, quen tamén concorre a estas eleccións, neste caso como segunda suplente do vilagarcián José Luis Rivera Mallo na candidatura popular ao Senado
No hay comentarios:
Publicar un comentario