miércoles, 23 de noviembre de 2011

A aprobación do POL a mediados de febreiro abriu un prazo de dous meses (ata mediados de abril) nos que gobernaba Cacabelos e non fixo nada do que agora esixe.

A suposta preocupación polos veciños non é crible nestes momentos e desenmascara un interese partidario que nada ten que ver cos intereses de todos. A súa nula xestión no eido urbanístico (negouse a avanzar no PXOM) posibilitou a chegada de novas normas que endurecen as condicións en determinados ámbitos.

De novo sorprenden as afirmacións e actitude do voceiro do PSOE grovense cando solicita e esixe ao goberno que se posicione e se sume ao recurso que a Illa de Arousa ten prantexado contra o Plan do Litoral de Galicia.

A mediados de febreiro do ano que andamos entraba en vigor este Plan. Ao mesmo tempo abríase un prazo de dous meses para presentar recurso contencioso aqueles que se considerasen prexudicados.

Deste xeito, ata mediados de abril púidose prantexar a situación que agora mesmo o voceiro do PSOE está a reclamar que fagan os demais. Naqueles intres o concello de O Grove estaba gobernado polo sr. Cacabelos, co cál no alcanzamos a entender sendo a súa preocupación tanta, como deixou pasar os prazos en que, coas máximas garantías puido defender aos veciños do Grove da hipoteca que agora supón, segundo el a aplicación deste Plan.

Recordo tamén, que o concello de O Grove xuntouse cos responsables do POL no período de alegacións para tratar de solventar algunhas das preocupacións que existían no momento e a Dirección Xeral do Paisaxe puxo a disposición deste concello os seus medios técnicos para conxuntamente tentar de acercar posturas pero outra vez o sr. Cacabelos obviou o ofrecemento e despreocupouse do asunto, ata este momento que unicamente lle preocupa como arma arroxadiza para denostar ao goberno.

Afirmacións como “cercenar los derechos de los vecinos, en especial de los de San Vicente” “menoscabar la autonomía local” o “esta es la última oportunidad que tenemos los grovenses” non son cribles e deixan en evidencia a quen, tendo a oportunidade de presentalo contencioso no prazo establecido na lei, deixouno pasar e agora esíxelle aos demais solucións de dubidosa utilidade.

Tivo tamén a oportunidade de votar a andar algún outro procedemento como puido ser o de colaboración con outros concellos plantexando un conflito en defensa da autonomía local para o cál tivo tres meses (durante os cales era alcalde) e tampouco o puxo en marcha.

Seria desexable que tódolos esforzos en tratar de desacreditar aos demais e poñer trabas o goberno actual, co único obxectivo de sacar un rendemento electoral e por tanto partidario fosen empregados en facer propostas en positivo. Este tipo de condutas enganando sistemática e intencionadamente aos veciños normalmente non conducen a ningures.

No hay comentarios: