Nova publicada en todogrove.com
O alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Domínguez, mantiveron unha xuntanza cos representantes dos taxistas do municipio, que lles reclamaron un control dos vehículos particulares que aparcan no espazo que teñen reservado en Luís Antonio Mestre.

Segundo informou o Concello nun comunicado remitido este martes, esta cuestión foi unha das “principais demandas” que este colectivo lle trasladou aos representantes do Goberno local nunha xuntanza que mantiveron recentemente co obxectivo de “facer as presentacións oficiais, escoitar as súas demandas e poñerse a súa disposición”.
Alcalde e concelleira, engade a nota, “mostraron a súa comprensión con esta solicitude, para a que mostraron a súa total disposición”.
Por outra banda, os taxistas tamén explicaron aos responsables municipais o funcionamento do seu servizo 24 horas, que estes últimos definiron como “fundamental” para atender tanto a veciñanza como aos turistas. “É importante ofrecer máis e mellores medios de transporte, que funcionen eficazmente e que ofrezan calidade e garantía de servizo”, opinou ao respecto Marta Domínguez.
Tamén se puxeron sobre a mesa nesta xuntanza outras cuestións, como a “urxencia” de volver pintar a sinalización horizontal das prazas de taxi ou a de “valorar a necesidade de cambiar a cabina da parada”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario