• O concelleiro Carlos Otero planificou unha programación variada e atractiva a pesar de atopar as partidas económicas practicamente esgotadas
O Grove, 27/07/11.- A programación cultural do verán regresa ao Grove da man do concelleiro Carlos Otero, que presenta o Agosto Cultural cunha programación variada e atractiva para todos os públicos. Deste xeito, a programación cultural estival volve a amenizar as noites grovenses tras varios anos sen ningunha proposta.
Precisamente, esta foi unha das dificultades atopadas pola actual Concellería de Cultura, xa que non existía ningunha planificación ou previsión de programación cultural para este ano nos anteriores departamentos de Cultura e Festexos, pero tampouco había partida económica dispoñible para tal fin. A pesar de que as únicas manifestacións culturais que se realizaron nos primeiros seis meses do ano foron as do Entroido, a partida de Festexos quedou en números vermellos e as partidas de cultura están practicamente esgotadas.
A todo iso hai que engadir que ningún dos dous departamentos, nin cultura nin festexos, se molestou en xestionar ou tramitar ningún tipo de subvención para actividades culturais.
Nembergantes, a concellería de cultura puxo todo o seu empeño e esforzo en dar o primeiro paso para recobrar a programación cultural para O Grove. A pesar do pouco tempo do que dispoñía e dos escasos recursos económicos, logrouse planificar o Agosto Cultural con varias actuacións musicais do Grove e foráneas; coa celebración do 50º aniversario de Virxe das Mareas e coa colaboración das asociacións culturais da vila, que si tiñan planificadas varias actividades para o verán
Descarga a programación: Agosto Cultural
No hay comentarios:
Publicar un comentario