Nova publicada en todogrove.com
O Goberno que lidera Miguel Ángel Pérez mantivo na mañá deste venres a súa primeira xuntanza co responsable do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha normativa que considera “prioritario” aprobar o antes posible.
O primeiro edil explicou que con esta xuntanza pretendían levar adiante unha “primeira toma de contacto” cos responsables da redacción deste plan, co obxecto de planificar o traballo que lles queda por diante o e co que se van a meter “de inmediato”.
Pérez volveu reiterar que a aprobación do PXOM é unha cuestión de grande importancia, e lembrou tamén que ao longo do pasado mandato –no que liderou a oposición– “fixémonos eco de que non se estaba a avanzar” na súa elaboración.
De feito, indicou que a xuntanza de hoxe serviulle para ter constancia de que “o primeiro e único documento que se mandou á Xunta” ao longo do anterior mandato foi un informe de avaliación ambiental remitido “fai dez días”, o que “da idea do interese” que o anterior Goberno puxo nesta cuestión, opinou.
Agora, explicou Pérez, tócalles agardar unhas semanas aos novos responsables do Concello para coñecer a reposta da Xunta, que vai marcar unha serie de directrices sobre as que será preciso retomar os traballos. De feito, segundo o primeiro edil, este informe de avaliación ambiental fará preciso someter o plan a un novo proceso de exposición pública antes de continuar coa súa tramitación.
Pérez tamén informou que buscará a “implicación” da Xunta na aprobación desta normativa, e por iso agarda poder manter nos próximos días unha reunión coas persoas responsables da Secretaría Xeral de Urbanismo.
Pérez e Callón representarán ao Concello na Mancomunidade do Salnés
A corporación grovense estará representada na Mancomunidade por tres edís. Un é necesariamente o alcalde Miguel Pérez; outro correspóndelle designalo aos partidos da oposición; e un terceiro é nomeado de entre os integrantes do propio Goberno. Pois ben, Pérez fixo público hoxe que quen o compañeiro de Goberno que tomará asento con el neste organismo no que están representados os diferentes concellos da comarca será o concelleiro Juan Luis Callón
No hay comentarios:
Publicar un comentario