jueves, 5 de mayo de 2011

O PP reuniuse cos colectivos que reclaman un auditorio

Nova publicada en todogrove.com


Os representantes do Partido Popular grovense mantiveron na tarde deste mércores unha xuntanza coas asociacións culturais que recentemente elaboraron un manifesto no que se reclama a construción dun auditorio no municipio.


A formación que lidera Miguel Ángel Pérez continúa coa súa intensa actividade, e na tarde do mércores procedeu á súa terceira xuntanza cun colectivo local no que levamos de semana. Desta volta, os populares mecos xuntáronse cos asinantes do manifesto a prol da construción dun auditorio, promovido semanas atrás pola asociación cultural Enxebre.

O PP amosou o seu “apoio” á reivindicación deste colectivo, e transmitiulle aos asistentes o seu “compromiso” con este obxectivo, “unha das principais preocupacións dos populares de cara o próximo mandato”.


Segundo explicou este partido nun comunicado, o devandito auditorio é definido no seu programa como un “recurso físico de vital importancia para o municipio”. De feito, mesmo aseguran que están “a estudar máis dunha posibilidade real” para o hipotético emprazamento do mesmo

No hay comentarios: