jueves, 3 de febrero de 2011

As prácticas de amiguismo e favoritismo son finalmente aceptadas por Cacabelos.

O goberno tripartito de O Grove recoñece que durante caseque catro anos incumpleu a Lei de selección de persoal nas administracións públicas, pero non asume responsabilidades.
  
O Grove, 3 de febreiro de 2011.-
O Partido Popular de O Grove leva moitos meses denunciando que tanto o alcalde de O Grove como o seu goberno, sistematicamente e de xeito continuado, estiveron a incumprir a lei en canto á selección de persoal no concello.

A Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Emprego Público no seu artigo 60, que se titula, “Organos de selección” e no seu apartado 2, di literalmente:
El personal de elección o de designación política, los funcionarios interinos y el personal eventual no podrán formar parte de los órganos de selección.

O Partido Popular de O Grove puido constatar, e así o denunciou en repetidas ocasións, que practicamentente en todolos casos de selección de persoal, acompañando o persoal funcionario ou laboral designado para componer os tribunais sempre aparecia un membro do gobernó (por tanto representante político e saltándose a lei) co fin de “controlar” o proceso. Pero non se limitaban a estar presentes se non qué se permitían dirixir e controlar os procesos “facendo preguntas, suxestións e nalgún caso cuestionando os aspirantes” cando a lei non lles permite sequera estar presentes.

Este feito foi tamén denunciado fai unhas semanas na prensa por unha veciña que foi vitima en varias ocasións da práctica de amiguismo e favoritismo exercida por este sectario goberno.

A realidade é que, forzados pola denuncia desta veciña afectada, o goberno liderado polo seu alcalde, ven de recoñecer públicamente e en Xunta de Goberno que estiveron a incumprir a lei durante caseque catro anos. Pero, se que se incumpra a lei xa é escandaloso, o que resulta aínda máis noxento é que o solten como se eles non tiveran ninguna responsabilidade nestas prácticas ilegais, cando eles son os únicos actores e responsables deste tipo de prácticas, máis propias dun goberno sectario e caciquil dado o favoritismo.

Pero o caso denunciado non é o único destas características. Nas prácticas habituais de contratación deste goberno puidéronse constatar varias modalidades para eliminar aos aspirantes “non gratos”.
  • “As máis informais” do concelleiro de cultura de facer as entrevistas nun ambiente distendido, incumprindo con todas as normas básicas de contratación pública e coa lei de protección de datos ao pasear os currículos dos aspirantes polas cafeterías da vila.
  • “As máis disimuladas” baseadas en pedir ao INEM , ata en cinco ocasións!!!!!! o envio de novos aspirantes porque “presuntamente” os aspirantes sseleccionados polos técnicos do INEM, seguindo as directrices do propio goberno, non cumprian os requisitos e así ata dar co candidato predeterminado.
  •  “As que xogaban o equivoco”, cambiando os requisitos para a praza durante as entrevistas en función das capacidades amosadas polas persoas que ían entrevistando.
  • “Algunhas máis agresivas”, de atacar directamente aos aspirantes e poñer en dúbida o seu honor insinuando que a documentación que presentaban era falsa.
  • E “a disuasoria” na que se facía todo o posible porque o aspirante renunciara á praza antes de empezar a entrevista insistindolle unha e outra vez, se lle interesaba a praza porque tan só era de media xornada, ou tan só por dous meses, etc.
Nalgunhas contratacións existen indicios claros de que foron elexidas persoas para determinados postos, que non cubrían as expectativas lóxicas necesarias para a praza en custión, deixando no proceso candidat@s cunhas aptitudes demostrables moito máis cualificad@s. Esta é a verdadeira e noxenta maneira de facer política daqueles que se presentaron ante a cidadanía grovense prometendo trasparencia, participación,etc.

E agora o goberno recoñece que se fixeron as cousas mal pero que a súa resolución non tén carácter retroactivo, E iso, que significa? Acaso todo aquel que comete un delito ou unha irregularidade non tén que pagar por elo?

Pois o alcalde e o goberno grovense levan catro anos incumprindo a lei polo que tamén terá que dar a cara e pagar polas súas prácticas de favoritismo.

O Partido Popular de O Grove esiximos que, de xeito inmediato, se depuren responsabilidades, se tomen as medidas legais necesarias e se pidan desculpas públicamente a todas esas persoas suficientemente cualificadas para determinados postos e que foron tratadas inxustamente e coas que este goberno “progresista” leva caseque catro anos xogando.

No hay comentarios: