domingo, 12 de diciembre de 2010

O voceiro do PP de O Grove xuntouse cos colectivos empresariais e comunidades de montes para darlles a coñecer as tropelías do goberno con respecto ao Plan Xeral.

A xuntanza pretendeu trasladarlles unha información que lles está vetada, e darlles a coñecer as verdadeiras intencións do goberno.

O alcalde e os que o rodean manteñen cara ao público un discurso de avance nos traballos do PXOM e normalidade que pronto verá froitos, namentres cos feitos seguen a enganar deliberadamente aos veciños impedíndolles participar do mesmo, ocultando información e dando por mortas todas as promesas feitas no seu día, protagonizando un tremendo fraude con todas aquelas persoas que malintencionadamente convocaron a aquela masiva manifestación ou simplemente creron nas súas palabras.

O Grove, 11 de decembro de 2010.-
Miguel Ángel Pérez García mantivo unha xuntanza no día de hoxe cos colectivos empresariais grovenses Emgrobes, Asociación de Hostalería e Centro de Iniciativas Turísticas ademais das Comunidades de Montes de San Martiño e San Vicente para informarlles do que este partido considera unha moi mala noticia ao respecto do trámite do PXOM.

Mala noticia, porque a pesares de que o goberno tripartito retoma os trámites (que non os traballos) do PXOM xusto onde este partido os había deixado cando gobernaba, considera unha tomadura de pelo tanto á corporación como aos grovenses, a perda destes case catro anos sen facer nada cando se tiña todo a favor, e para chegar a decisión de que o que estaba feito era válido e servía. En conclusión, que se tiraron tres anos e medio pola borda, sendo como se dixo machaconamente que este era o problema número un do Grove.
  • O engano permanente ó que teñen sometido os veciños dicindo, que están a traballar no mesmo (non facendo nada) e manifestar publicamente e por escrito nas solicitudes (ata este momento) a Xunta, de que se pretendía un PXOM novo e atopándonos agora que retoman o anterior,
  • O intencionado e permanente retraso nos traballos de redacción que suporá que non teñamos Plan Xeral en varios anos,
  • a falla de preocupación por un asunto vital para o concello e sen o cal, non se poderán resolver moitos problemas e infraestruturas do concello (tal e como dixo o alcalde en varias declaracións),
  • O desprezo ao Partido Popular que en múltiples ocasións ofertou incondicionalmente o seu apoio, co que xa poderiamos contar ou estar a piques de contar cun Plan Xeral,

 Creemos que merecen, non unha senón moitas explicacións.

O voceiro do Partido Popular explicou aos convocados, tódolos pasos dados polo cuatripartito primeiro e o tripartito despois, para non facer nada novo nestes anos do seu goberno e para, desgraciadamente, concluír coa penosa situación que nos van deixar despois de estar enganando masiva e deliberadamente a todo o mundo.

Aos presentes fóiselles entregada tamén a documentación na que se sustentan tódolos datos aportados polo voceiro do PP.

A xuntanza deu remate cun interesante intercambio de pareceres no que se palpou de novo, que este é un asunto que si interesa, que está moi presente na memoria colectiva dos axentes sociais e empresariais e que si esperaban algún esforzo por parte dos nosos gobernantes para darlle solución.
Detectamos tamén, que logo do tempo transcorrido, o que non están é sorprendidos ante a inacción do goberno no asunto posto que ese aspecto é coñecido por todo o mundo na nosa vila, pero si mostraron moita preocupación polo tratamento errático e desinteresado ante o principal problema con que conta O Grove dende fai anos.

No hay comentarios: