As Casas de Cultura do Grove volven a ser un claro exemplo da incapacidade de xestión do concelleiro de Cultura. Non debemos esquecer que cando o BNG asumiu as competencias no eido cultural anunciou importantes “reformas” na Casa de Cultura do Grove que a ían a converter nun “servizo de referencia para o resto das bibliotecas galegas”
A realidade case catro anos despois é moi diferente: A biblioteca do Grove non só carece dos recursos básicos dunha biblioteca municipal, se non que aparece pechada en numerosas ocasións mentres os usuarios se agolpan á porta sen obter ningún tipo de explicación por parte do goberno encargado da súa xestión.
Cada día parece máis evidente o desinterese que este goberno ten por potenciar a cultura da vila e ofrecer aos veciños uns servizos axeitados e cun mínimo de garantías
Pero o que todavía resulta máis escandaloso é que o propio Concelleiro de cultura queira eludir as súas propias responsabilidades nesta desfeita cultural e teña o atrevemento de saír na prensa pedindo explicacións e responsabilidades a un goberno do que el mesmo forma parte. Porque ,aínda que certo é que tan culpable é o que fai como o que consinte, Antón Mascato non pode descargar a culpa sobre os demais cando el é o primeiro artífice desta desastrosa situación.
O concelleiro de cultura falta a verdade cando di que el non ten competencias en persoal porque, como ben puidemos ver, cando lle quitaron as competencias ao seu ex-compañeiro de goberno neste eido, cada concelleiro asumiu as responsabilidades do persoal ao seu cargo. Tamén falta á verdade cando di que na biblioteca do Grove hai tres persoas traballando cando todos os usuarios da biblioteca saben que alí tan só hai dúas persoas dedicadas á labor bibliotecaria
Procesos de selección
Outro feito sorprendente é que se atreva a pedir explicacións sobre o proceso de selección para a biblioteca de San Vicente cando é publicamente coñecido que el mesmo formou sempre parte do xurado de selección, facendo caso omiso da normativa exposta no Estatuto do Empregado Público que prohibe a participación de políticos nestes procesos.
Esperamos que esta vez si cumpra co que el mesmo predica de contratar persoal especializado e con coñecementos e formación axeitados e non se volva a repetir o acontecido en anteriores procesos de selección. Porque o señor Antón Mascato tamén parece ter esquecido os principios de “igualdade, mérito e capacidade”
No hay comentarios:
Publicar un comentario