A pasada semana tivemos ocasión de compartir xuntanza co presidente de Portos de Galicia para coñecer os traballos que este departamento está levando a cabo de cara a ampliar e mellorar a dársena portuaria de O Corgo. Trátase dunha mellora integral que non só porá a disposición dos interesados amarres deportivos senón que dará novos servizos a flota actual, nas súas distintas especialidades.
Toda unha fenomenal noticia que contrasta e vota por terra tódalas afirmacións que con respecto deste asunto ten feito o alcalde.
É a primeira vez nestes catro anos de mandato, que coñecemos “algo” con respecto deste ambicioso proxecto, grazas a iniciativa do presidente de Portos de Galicia, o cal lle queremos agradecer que se trasladase O Grove co seu equipo técnico para darnos a coñecer estes traballos e compartilos cos usuarios, corporación e interesados.
Nunca, durante todo o mandato se levou a cabo xuntanza algunha onde se puidesen expresar os interesados.
Quedou patente tamén a gran mentira de Cacabelos que ducias de veces anunciou estudos, requete-estudos, tramites ambientais, anteproxectos, etc.etc., datando incluso o comezo das obras no 2010.
Afortunadamente a nova dirección do ente portuario tomou a iniciativa deixando atrás a palabrería do bipartito e alcalde, fixo os deberes e presentouse no Grove para coñecer e recabar opinión antes de dar os próximos pasos, onde esperamos que xa todos esteamos máis unidos en torno a este proxecto.
Dito isto, o PP de O Grove quere mostrar o apoio incondicional a intervención no Corgo nos términos que maioritariamente se adopten e para elo esperamos que alguén nos convoque para aportar o noso apoio e parecer.
Namentres, non nos resistimos a manifestar a parte de decepción que tivemos o constatar que levamos sete anos de retraso.
O ver os bocexos que nos presentaron e que tiveron a conformidade de todo o mundo, incluídos os grupos da esquerda que hoxe manda no Grove, confraría, etc. puidemos comprobar que o marxe do único debate existente (a ubicación definitiva dos usos na nova dársena) o anteproxecto é aceptado por todos, a pesares de ter que construírse un novo espigón de abrigo polo norte do actual que non dista moito do presentado no ano 2003 polo goberno do Partido Popular e que daquela, os mesmos grupos que agora apoian, votaron abaixo. Aquel anteproxecto estivo aberto o dialogo, a negociación, os cambios, etc. Incluso a redución do mesmo, en canto o que abarcaba o novo espigón de abrigo, pero non quixeron escoitar.
Utilizaron artimañas de todo tipo, con flota de baixura incluída, faenando onde nunca máis o volveron a facer. Botárono abaixo unicamente porque era un proxecto do Partido Popular.
Agora, despois de anunciárnolo máis dunha ducia de veces, namentres gobernaba o bipartito en Santiago e o cuatripartito no Grove, pero sen ser capaces de presentar a ninguén un só papel sobre este asunto, demostrase que foron unicamente gobernos do Partido Popular os que teñen presentado traballo real sobre este asunto, antes (no 2003) e agora.
Este partido está de novo na loita por conseguir esta ansiada infraestrutura e cos matices que sexan necesarios aportar nalgún caso e ceder noutros, o PP de O Grove non vai deixar de loitar por conseguir esta nova dársena.
Emprenderemos nos próximos días contactos cos sectores implicados no tema, de cara a recoller as súas inquedanzas e tratar de defender un posicionamento maioritario que de as mellores solucións a flota grovense e felicitamos a Xunta de Galicia a través de Portos de Galicia por dar este paso tan importante para os intereses dos grovenses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario