sábado, 20 de noviembre de 2010

O goberno do Grove aplicou un dobre bara de medir no "caso das listas vascas"

Aínda que os dous compañeiros que no seu día foron imputados no coñecido como “caso das listas vascas” xa foran declarados libres de calquera responsabilidade no mesmo, non deixa de ser este, un momento moi satisfactorio, tanto para eles como para a familia popular que ve como felizmente remata aquel terrible pesadelo e , sobre todo, faise por fin xustiza.

Unicamente empañado este momento polas noxentas declaracións do alcalde no día de onte, que logo dunha partidaria e inxustificada participación no caso atrevese a dar consellos aos demais.

Os nosos compañeiros, que non tiveron nada que ver co asunto, foron convertidos sen embargo en vítimas do mesmo por mor da mala fe dalgún dos imputados e tamén pola mala fe e vergoñenta actuación no proceso tanto do alcalde, que non só permitiu senón que incluso alentou aquela caza de bruxas, como dos concelleiros do goberno que apoiaron aquela personación no caso por parte do concello, aínda tratándose dun tema entre particulares. A actuación estelar a levou a cabo o BNG, que parecéndolle pouco o paso dado polo concello facía roldas de prensa ao efecto en contraposición co que fai agora que atopándose o alcalde na situación de imputado por “tres” presuntos delitos e “calan a boca coma mudos”.

Os concelleiros do Partido Popular de O Grove foron maltratados, vilipendiados e condenados por este infame alcalde e o seu goberno que non só se regocixou no caso senón que puxeron a disposición dalgúns dos imputados, medios xurídicos gratuítos para eles, pero pagados por tódolos veciños, namentres a outros (eses outros foron os nosos compañeiros) negáronlle a mesma oportunidade, a pesares de que estes teñen dereito a elo e así o recolle o convenio colectivo do concello, cometendo así un grave acto de discriminación e trato de favores.

Recordamos que cando estes compañeiros foron exculpados polo xulgado e solicitáronlle de novo ao alcalde o mesmo trato que os demais imputados respostoulle “cunha cínica risa” que non necesitou máis explicacións.

Está claro que este alcalde nunca respectou a presunción de inocencia dos compañeiros que, en cambio, el se reclama para si mesmo. Tanto el como os seus compañeiros de goberno xa os condenaran publicamente e os privaran do dereito a seren defendidos ao igual que os demais imputados e afectados, nun acto de sectarismo máis propio dun gobernante totalitario que dun demócrata.

Cando coñecemos o auto xudicial de xullo de 2009 no que se exculpaba aos nosos compañeiros, logo de esperar un tempo prudencial e en vista de que non se pronunciaban sobre o asunto, o noso partido esixiulle unas desculpas públicas polo vexatorio trato infrinxido os nosos compañeiros que nunca chegaron.
No seu día o Partido Popular (a pesares de non ter que ver no asunto como queda demostrado) desculpouse publicamente polo danos sufridos polos afectados, polo que agora sobran e sobre todo repugnan declaración como as do alcalde do Grove que di,
respectala xustiza ao tempo que sigue a inculpar o Partido Popular en responsabilidades no tema. en que quedamos, respecta ou non respecta a xustiza?

No terreo político, como xestor, xa coñecemos o seu traballo e os veciños decidirán no próximo maio que é o que queren para O Grove; pero no persoal e logo da persecución que fixo destes compañeiros nunca puidemos pensar que a súa indecencia chegase tan lonxe como para facer agora estas declaracións. Que magnifica ocasión perdida, para estaren calado.
El, si que non foi capaz de dar ningunha explicación sobre o sucedido, pero sen embargo, si foi quén, non só de prestar xustiza gratuíta selectiva para algúns, senón que contratou nun posto público (e seguindo a manexar información e documentación persoal dos seus compañeiros) unha e outra vez, a persoa que tiña provocado todo este desagradable asunto. Non sabemos si os contratos eran para premiar o que eles considerarían unha colaboración excelente para o único obxectivo que lles rondaba a cabeza, que non era precisamente esclarecer o caso nin tampouco defendela honorabilidade das persoas afectadas, como dixeron nalgún momento; o que lles ocupaba e preocupaba era unicamente cargarse politicamente e quen sabe si dalgún xeito máis, a estes dous compañeiros de corporación que tan só estaban a cumprir coa obriga para a que foran elixidos.
Non esperamos que nesta ocasión (co caso xa rematado) cambien a súa actitude e alguén deste goberno solicite desculpas. A eles, si lles corresponde facelo pero xa estamos acostumados a que non o fagan. Sen embargo desde este partido solicitámoslle que sosegada e interiormente repasen a situación, as súas actuacións, que reflexionen sobre as mesmas e extraían conclusións.
Agora somos nós quen nesta ocasión, lles pregamos:
  • que nunca máis acusen e condenen como fixeron con estes compañeiros, a ninguén, e
  • que os recursos municipais, que agora nos recordan diariamente o escasos que son, non sexan gastados con semellante alegría e moito menos utilizalos (sen ningún tipo de probas) para afundir a uns veciños.
Ben pouco para o dano feito. Probablemente este fose o primeiro e máis grande dos moitos castelos de naipes que este goberno montou e ao igual que tódolos demais desmoronouse, na demostración de que gobernar non é un xogo senón que, é algo moito máis serio para o que xa demostraron non estar a altura.

No hay comentarios: