martes, 16 de noviembre de 2010

Moción do Grupo Popular para o Pleno de 22 de novembro de 2010

MOCIÓN DE PROPOSTA SOBRE O ESTABLECEMENTO DOS FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DO GROVE

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xuridico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS,

A Xunta de Goberno Local ten, entre as súas competencias, o poder elexir e establecer anualmente as fechas relativas os dous días de festivos locais.

Estes son por orden de preferencia, o 16 de xullo, día do Carmen, e o 11 de novembro día de S. Martiño.

Cando un destes días coincidía en fin de semana, o día elixido como festivo local era o mércores de cinza.

Máis de todos é coñecido que o Concello en si esta formado por dúas parroquias; a de S. Martiño e a de S. Vicente. E os veciños de S. Vicente, o día do seu patrón, o 22 de xaneiro, nunca poideron disfrutar de esta festas como un día propiamente festivo non laborable.

É máis que evidente que se está a cometer unha, non diría discriminación, pero si que o tratamento non resulta todo o xusto que debería.

O día de S. Martiño, patrón do Grove, os veciños de S. Vicente, teñen día festivo, pero o día de S. Vicente, o seu patrón, teñen día laborable.

A solución aquí é doada, pois tan só contamos con dúas parroquias, e non como sucede no concello veciño, que ten sete parroquias.

Como posible alternativa, presentamos a seguinte

TOMA DE ACORDOS

  • que o día do Carmen, 16 de xullo, sexa sempre día festivo local.
  • O ano no que o día dun dos outros patróns sexa fin de semana, o festivo local será o día do outro patrón.
  • O ano no cal coincida que o día dos dous patróns sexa día laborable, alternarase a designación de festivo local, sendo un ano festivo local o día dun patrón e no próximo ano que se repetise esta situación, festivo local o día do outro patrón.
Consideramos que esta nova asignación dos festivos locais é mais xusta que a actual para os veciños das dúas parroquias, e de certo que axudará a mellorar o magnifico grao de relación ente ambos.

No hay comentarios: