martes, 14 de septiembre de 2010

Porcentaxe de alumnos que non promocionan na ESO

En pleno mes de setembro, ao comezo do calendario escolar, coñecéronse os datos do fracaso escolar no Concello do Grove, datos que son considerablemente preocupantes e nada alentadores. En tódolos casos, o fracaso escolar no Grove é superior ás medias da provincia e da Comunidade Autónoma Galega. Non so iso, se non que ademáis é un dos municipios de Pontevedra con maiores índices de fracaso escolar.

En  2º da ESO, no curso 06/07, no municipio meco tan so un 68,81% de alumnos promocionaron ao seguinte curso, mentres que as medias provincial e autonómica foron respectivamente un 80,39 % e un 81'95 %  os alumnos promocionados. No curso 08/09 ocurre algo similar un 64'71 frente a un 78,45 e un 79,65 %.
En 3º da ESO, os datos tampoco son nada halagueños; o curso 06/07 tan so un 66,06 do alumnado do Grove promocionou ao seguinte curso, fronte a un 79,22 e un 80,14 %;  o curso 07/08 un 68,18 frente a un 80,17 e un 81,20 %; o curso 08/09 un 66,09 frente a las medias de 80,02 e 81,55 na provincia e en Galicia  respectivamente.

Se representamos gráficamente as porcentaxes de alumnos e alumnas que fracasan (non promocionan ao seguinte curso), poderemos observar que, en tódolos casos, son máis elevadas as do Grove  que as medias da provincia de Pontevedra e da Comunidade Autónoma Galega:


No hay comentarios: