Imaxes de actuacións de cando gobernaba o PP colgadas na Web do Concello
Incapaces de xestionar, reduxeron notablemente as programacións de anos anteriores dende o primeiro ano do seu mandato, ata chegar a este verán en que ademáis de escasas, algunhas das programadas non se levaron a cabo.
O Grove, 7 de setembro do 2010.-
A pesar de que a páxina web do concello ofrece entre as grandes propostas para o verán as actividades do “Verán Cultural”, nin o alcalde nin os concelleiros de Cultura e Turismo foron quen de preparar e xestionar dita programación.
En www.turismogrove.com, o concello refirese a este programa da seguinte maneira:
Durante a época estival o concello de O Grove prepara un programa especifico cargado de actividades: cine na rúa, actuacións, concertos..... para o gozo tanto dos nosos habitantes coma dos moitos visitantes que todos os anos se achegan á nosa vila nesta época.
Esta información contrasta totalmente coa realidade xa que, nin cine na rúa, nin concertos, nin moito máis. O concelleiro de cultura anunciou o 22 de xullo (http://www.todogrove.com/index.php?option=comcontent&task=view&id=3241) un máximo de cinco actuacións para todo o verán que, finalmente quedaron en tres e media:
- cuarteto Resonet Ars Atlántica o 23 de xullo
- grupo folk Quempallou o 24 de xullo
- trio de música tradicional Vaamonde, Lamas e Romero o 30 de xullo
- Circo Chosco, o venres 13 de agosto
- Centro Coreográfico Galego, o martes 17
Actividades por outra banda, que non foron organizadas nen financiadas polo concello senón polo Xacobeo 2010 e Xunta, aos que o noso alcalde tanto criticou decindo que non colaboraba en nada co Grove.
Se a programación resulta claramente insuficiente para un longo verán no Grove, a situación ainda se veu empeorada por outros feitos,
- A actuación do Circo Chosco nunca se levou a cabo e ninguén deu explicacións da suspensión da actuación.
- A actuación do Centro Coreográfico Galego foi esquecida xa nin se anunciou nin se fixo previsión algunha para o evento. Cando os bailaríns do Centro chegaron O Grove non habia representación municipal que os recibise (nin politicos nin funcionarios), polo que tiveron que ser os propios veciños do pueblo quenes lle ofreceran un garaxe para cambiarse e un sitio donde actuar. Actuación que debido as carencias e abandono que sufriron tiveron que rematar os quince minutos.
- “Olvidouselles” decir que as actuacións coas que cubriron a programación eran fianciadas pola Xunta de Galicia.
- Non aproveitaron aos grupos locais que habitualmente particiaban desta programación, etc.
Claro que a culpa de todo este desaguisado non se lle pode votar únicamente ao concelleiro de cultura xa que, namentras todo isto sucedia, o alcalde e outros membros do goberno, estaban de vacacións en pleno mes de agosto, e o tenente alcalde (alcalde en funcións) fai meses que ninguén sabe nada del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario