jueves, 9 de septiembre de 2010

As declaracións de Antón Mascato, aínda que de moi mal gusto e feitas dende a mala educación e o resentimento, non fan máis que corroborar tódalas afirmacións realizadas polo Partido Popular de O Grove.

O Grove, 9 de setembro de 2010.-
O concelleiro de cultura ven de confirmar que o Partido Popular do Grove tiña razón en todas e cada unha das afirmacións que realizou sobre a programación “Verán Cultural” e, o que é máis, aínda se quedou corto.

Verán ou primavera cultural?
Quen semella descoñecer a programación “Verán Cultural” é o propio concelleiro de cultura. Como se non, se entende que actividades como a Festa do Libro ou o Certame de Titeres que el mesmo dixo que pertencían (todogrove.com) á celebración do Ano do Libro e da Lectura as inclúe agora no “Verán Cultural”?.

A ver sr. Mascato, aclárese: Si pertencen ao Verán Cultural esqueceuse vostede de organizar as actividades do Ano do Libro e da Lectura, e si pertencen o Ano do Libro e da Lectura falta vostede a verdade no comunicado de prensa.

Ademais semella vostede ter algún problema coas datas e na distinción das diferentes estacións do ano. Sr. Mascato, en Galicia, o verán comeza o 21 de xuño e finaliza o 20 de setembro polo que as actividades realizadas no mes de maio poderían chamarse primavera cultural pero en ningún caso chamarse “Verán Cultural”.

Tres actuacións e media ou menos?
O comunicado do concelleiro non só confirma que foron tres e media se non que, según os propios cálculos de Mascato, aínda foron menos.
Imaxe do Centro Coreográfico Galego

Desculpase do pésimo trato recibido polos bailaríns do Centro Coreográfico Galego dicindo que se desentendeu da súa actuación porque non a contratou nin a ten que pagar. Pois por esa regra de tres tampouco o resto de actuacións das que presume son da incumbencia da concellería de cultura do Grove xa que todas e cada unha delas foron organizadas e planificadas pola Xunta de Galicia. É dicir, que o Verán Cultural quedou, non en tres e media, se non en cero actuacións.

Porque se ocupou pois das outras actuacións?

E porque presumiu da programación como se a organizara el só, obviando dicir que foran subvencionadas e programadas pola organización do Xacobeo, namentres por outra banda o alcalde arremetía continuamente contra este dicindo que o Xacobeo non colaboraba en nada co Grove?

Con este xeito de tratar aos grupos estamos a facer méritos para que non nos manden máis? E iso o que buscan?.

Para este goberno que son tan dados todos eles a delimitar o que é de cada quen, direille que tampouco pode atribuírse (como fai no seu comunicado) a actuación de Batuko Tabanca, mérito que lle corresponde os membros do Consello Local de Igualdade no que vostede non ten nada que ver.

Iniciativa privada

Imaxe preocedente de www.todogrove.com

O Partido Popular de O Grove non despreza senón que valora moi positivamente as apartacións realizadas polas diferentes asociacións culturais do noso concello, grazas as cales O Grove podería gozar dunha programación cultural que o concelleiro de cultura non é quen de planificar.

Actividades como a Festa da Malla, os Certames de teatro, os festivais folclóricos, exposicións, etc… lévanse a cabo grazas a iniciativa e esforzo das asociación culturais da vila pero non a planificación do concelleiro, quen pola contra, en varias ocasións intentou boicotealas e SÍ desprezou a algúns destes colectivos. Non temos máis que lembrar algúns desafortunados episodios da súa xestión para decatarnos da súa maneira de facer “kultura”:

• Primeiro dixo que as Festas do Carmen non eran cultura e intentou deixar á vila sen as festas da súa patroa, quitándolle a axuda económica e eludindo calquera responsabilidade na súa organización. Despois intenta boicotealas e móntalle unha programación paralela na que as únicas actividades que fixo en todo o verán do 2009 sospeitosamente coincidían en horario coas organizadas pola propia Comisión de Festas do Carmen, ¡!!que casualidade!!!.

• Despreza día si día tamén a algunha asociación cultural e folclórica da vila, a todos os nen@s que bailan e aos seus familiares privándolles de axudas económicas ou ocupándolle o lugar onde teñen que actuar, con actuacións paralelas sen previo aviso e sen ofrecerlle alternativas.

• Negouse a colaborar cos voluntarios que realizan con moitísimo esforzo, a Cabalgata de Reis. Houbo que inventar un departamento e colgarlle o traballo a outra compañeira.

• Outra festa como o Entroido tampouco eran cultura para el ata que descubriu o tirón do festival das comparsas, pero eludindo organizar todo o resto da programación do Entroido que tivo que asumir unha compañeira de goberno.

• Os libros dalgunha escritora non podían figurar na biblioteca porque consideraba que non tiñan a calidade suficiente, tal e como manifestou nun pleno (¿Qué lles recorda este xeito de proceder?. A censura, tal vez?).

• E así poderiamos seguir enumerando un sinfín de circunstancias que este concelleiro protagonizou ao longo destes anos.

Premio Lueiro
En canto o fallo do Certame Lueiro non nos produce ningún dano, o que si nos produce un gran dolor de estómago é que un Certame que o Partido Popular consigue consolidar e converter no máis importante de Galicia na súa especialidade se vexa tan maltratado por caer nas mans de alguén como vostede, cuxos máximos logros para este premio poderiamos resumir da seguinte maneira,

• Transformar un certame anual en bianual, quizais seguindo o exemplo do Certame de Escultura non sabemos si para traballar a metade.

• Mentir sobre o número de orixinais presentados ou os motivos dos continuos retrasos no fallo,

• Tentar cambiar o nome da Casa da Cultura, ou xa non se lembra vostede diso?

O que lle causou dor de estómago a vostede foi ver que o Partido Popular co seu permanente seguimento, non lle permitiu debilitar o premio como todo indica que era a súa intención.

O 78% do orzamento sen executar


En canto aos escasos medios dos que fala, non sabemos de que se queixa posto que foi vostede soiño quen no ano 2008 deixou o 78% do orzamento dedicado a cultura sen executar. É dicir, que de 794.792,01 euros quedaron sen utilizar 618.978,81. Polo que, se non os vai a utilizar, para que os necesita?.

Ademais o BNG consentiu no 2009 e no 2010 a redución do orzamento dedicado a cultura, incumprindo así o programa electoral do BNG que prometía un 5% do orzamento total que nunca cumpriu e que se quedou en apenas un 2%.

Sr. Mascato, pódese dicir máis alto pero non máis claro:
Máis feitos e menos leria. Non se esqueza vostede que todo queda escrito, pódese recuperar, polo que se carece de memoria para lembrar o que vostede mesmo di, sempre queda acudir ás hemerotecas, que para iso están………….ah!!! claro, non pode, porque a hemeroteca do Grove tamén a fixo desaparecer vostede.

No hay comentarios: