Estimado alcalde,
O pasado día tres do mes que andamos, recibín convocatoria para a xuntanza do Consello sectorial do Turismo e da Festa do Marisco de O Grove. Conxuntamente facíaseme chegar a acta da última xuntanza do consello que data do vintetrés de setembro do dous mil nove (23-9-2009).
A situación non tería maior importancia si a convocatoria a este órgano fose algo máis ou menos habitual e no mesmo se debatesen cuestións que enriquecesen e foran mellorando a nosa oferta turística.
Nin unha nin outra cousa sucede por canto, a última vez que se xuntou o Consello foi en setembro pasado (como recolle a acta que nos envía para a súa aprobación) e nin as iniciativas que os grupos políticos fan a través de rogos, preguntas, suxestións, etc., nin as dos axentes empresariais que conforman o consello (que solicitaron insistentemente e por escrito que se clarifique a súa participación neste órgano) son escoitadas nin tidas en conta por vostede, demostrando con elo un desprezo total hacia as forzas políticas que non forman parte do goberno e tamén os mencionados axentes empresariais.
Baste dicir, que a acta que recibimos para a súa aprobación comeza cun resumo das súas palabras onde solicita a estes axentes o retraso da xuntanza que lle viñan reclamando dende facía tempo, xustificado no inminente comezo da Festa, e co ineludible compromiso de que antes de rematar o mes de novembro (estamos a falar de 2009), convocaría a estes para falar e definir a participación dos mesmos neste órgano consultivo.
Menuda ironía que, precisamente neste acta que nos entrega ao carón da última convocatoria, veña recollido isto. Estamos en agosto de 2010 e nin esa xuntanza nin o Consello se volveron a convocar ata o de agora.
Durante anos escoitei, por parte dos grupos que agora forman o goberno leccións i esixencias de todo tipo en canto a como se debían organizar este tipo de xuntanzas para que fosen produtivas e participativas.
Ai,…… a participación, cantas veces se lles debeu atragantar esa palabra.
Os membros deste Consello sectorial:
non participan de nada porque non se lles invita a elo,
nin se enteran, porque tampouco se lles dá información algunha,
nin se enteran, porque tampouco se lles dá información algunha,
e das propostas que nalgún momento tiveron oportunidade de facer, non temos constancia de que se tivera algunha en conta.
Aínda así, peor é que en ningún momento se lles facilitou a súa discusión no seo que corresponde que é, este Consello que non se convoca e cando se fai, o seu contido é vacuo.
Unicamente se convoca para xustificar a súa existencia, anunciando o que vostede xa ten decidido i en moitos casos xa coñece todo o mundo como é o caso este ano das actuacións musicais, que varias veces saíron anunciadas nalgún medio de comunicación i eran obxecto de debate na redes sociais dende facía semanas, namentres os membros do consello non sabían absolutamente nada do asunto.
Non sei si dicir o respecto, a educación ou simplemente o sentido común dicta nestes casos, que aínda que vostede xa decidise o que decidiu sen contar con ninguén, alomenos comunicarallo primeiramente aos sufridos membros deste órgano, que pasaron a vergoña nalgún caso de que cando eran abordados por algún interesado no tema e lle preguntaban por estas actuacións non sabían do que se lles falaba.
Esta situación repítese con tódolos actos que se celebran arredor do evento marisqueiro.
A posible desaparición do Simposio de Escultura
Agora (logo da súa rolda de prensa) xa o coñecemos, pero con respecto ao Simposio de Escultura, tivemos que estar a guiarnos por multitude de comentarios. Que se dicía que vostede xa anunciara a súa desaparición ata que todavía non tiña nada decidido. Coñeciamos, tamén a través dos medios as declaracións do concelleiro responsable de turismo que a finais do ano pasado xa dixo que estaban pensando nelo. ¿Non lle pareceu a vostede un asunto coa suficiente entidade para que os membros do Consello puideran opinar sobre o mesmo? ou simplemente, ¿non lle interesaba que opinaran?.
Tamén o concelleiro de cultura anunciou nun pleno a principio do mandato, que se ía facer un estudo por parte da Facultade de Belas Artes para determinar si era conveniente seguir con el, como se debía organizar, si xa eran moitas as pezas que dispomos, que si debía ser bianual, e non sei cantas cousas máis, pero como moitas das cousas que afirma era unha mentira máis.
Escurantismo e falta de participación
O triste de todo isto é, que todo o temos que intuír, investigar, chéganos as veces a través de terceiros, cando dispomos dun órgano como o que estamos a falar, para discutir sobre os asuntos, enriquecelos, participar dos mesmos aínda que as decisión son evidentemente de quen goberna; coa posibilidade de adoptar medidas as veces delicadas que poderían contar co aval dunha importante e cualificada maioría, pero incomprensiblemente vostede non quere o que queremos todos, que é axudar, participar.
O triste de todo isto é, que todo o temos que intuír, investigar, chéganos as veces a través de terceiros, cando dispomos dun órgano como o que estamos a falar, para discutir sobre os asuntos, enriquecelos, participar dos mesmos aínda que as decisión son evidentemente de quen goberna; coa posibilidade de adoptar medidas as veces delicadas que poderían contar co aval dunha importante e cualificada maioría, pero incomprensiblemente vostede non quere o que queremos todos, que é axudar, participar.
A situación en canto a presentación da Festa do Marisco no exterior que indiscutiblemente é un dos mellores actos de promoción que sempre se levou a cabo non cambia moito do anterior.
Un bo día démonos conta que en vez de marzo ou abril, que é cando se levaba a cabo esta nos últimos anos, volvese de novo a facer en setembro sen dar ningún tipo de explicación.
Fotografía procedente de www.todogrove.com
Máis ben as sospeitas foron sempre, porque non prepararon nada no seu momento e a última hora hai que cubrilo expediente como sexa.
O mesmo sucede coas propostas para Centolas de Ouro, na que houbo que facer verdadeiros esforzos para que no las admitirán, aínda que logo fai o caso que fai de todas elas.
Un dos últimos plantes que lle deu a este Consello foi, o enterarse o ano pasado no mesmo día de inicio do evento e visitando os “stands” de venda de produtos, que existía un máis, sen que elo se valorase ou sequera se anunciase nalgunha sesión do Consello. Elo causou, como era de esperar un malestar considerable entre os membros do mesmo, que se sentiron ninguneados.
Poderiamos estar relatando circunstancias parecidas ata encher varios folios pero non ten sentido. A prometida participación e transparencia que vostede tanto anunciou para a súa xestión municipal traduciuse, unha vez que ocupou o poder no escurantismo, a inhibición e a desvinculación da realidade social máis grande que se recorda.
Cal é o papel do Consello de Turismo?
Tan é así que fai escasamente un mes e medio, nese amago do BNG de marcar distancias co resto do goberno (como si con eles non fose a cousa) i especialmente de vostede, sr. alcalde, reclámalle un cambio de rumbo en diversas áreas, un golpe de man que se traducira en cambios, de cara a afrontar esta última parte do mandato. Entre elas, reclámalle cambios no seo da área de Turismo, no funcionamento deste Consello.
Nada distinto do que aquí o Partido Popular argumenta para sustentar a decisión que tomou de deixar de participar nun órgano que unicamente por mor da súa vontade está morto, é inservible.
Entendemos ademais como di a súa denominación que este Consello debe servir algo máis que para axudar a organizar a Festa do Marisco (que na practica non o fai). Debe servir, para tratar cuestións do turismo no noso concello e na nosa comarca (a que non somos alleos), pero polo demostrado estes anos, temos dúbidas de que teñan interese algún neste área.
O estudo dos mercados, das novas tendencias, de cómo saír a vender ao exterior e moitos máis temas deben ter cabida neste foro, alomenos como discusión dos seus membros para analizalos e telos identificados ao marxe das posibles solucións.
A pesares de serlle reclamado nalgunhas ocasións a vostede e ao concelleiro responsable da área, este nalgún momento e ante a insistencia exercida polos membros do Consello comprometeuse a iniciar unas mesas de traballo con estes e outros temas pero pasado o tempo sospeitamos que a forzada iniciativa durme no mesmo caixón que a petición dos axentes empresariais a poñer en claro a súa participación.
A promoción turística é competencia do Concello
A promoción, que é a verdadeira competencia do concello na área turística foi totalmente abandonada nestes tres anos, cando a Xunta de Galicia (a través de Turgalicia) e a Deputación de Pontevedra (a través do Padroado Rías Baixas) ofrecen unha magnifica ferramenta de traballo para colaborar con eles participando nalgunhas das súas accións.
Unicamente este ano e logo de moito insistir, iniciouse algunha acción en colaboración con Turgalicia que aplaudimos, pero na que debemos mellorar as condicións en que participamos.
Nos tempos da revolución tecnolóxica, con ferramentas como internet, e outras non se pode acudir a un “work-shop” entregando fotocopias de folletos.
O compromiso do Partido Popular do Grove co turismo
A vontade deste grupo político é clara e comprometida con este sector e co noso concello. A nosa participación no goberno municipal en distintas etapas así o demostra.
Foi este partido político quen creou, baixo o mandato dunha alcaldesa popular a concellería de turismo que ata aquel entón non existía, e foi tamén baixo mandatos populares cando se estableceron as accións de promoción turística de O Grove no exterior, participando tanto a nivel colectivo cos axentes antes mencionados e tamén coa Mancomunidade do Salnés ou ben individualmente nas máis importantes feiras turísticas a nivel nacional i en Portugal.
E tamén foi baixo mandatos con responsables populares cando a Festa do Marisco deu un pulo cualitativo e cuantitativo, situándoa onde hoxe se atopa, aproveitando o bo facer e o aprendido de moitas persoas durante moitos anos.

Queremos con isto deixar patente a importancia que no noso ideario prestamos a este entramado social i empresarial, e por iso vamos seguir traballando por el, prestándolle apoio e ofertándolle a nosa colaboración incondicional.
Dereitos e obrigas dos membros do Consello de Turismo
Nestes momentos lamentamos non poder compartir con eles, o asento que dispomos no Consello sectorial porque sentimos que no mesmo non contamos. A nosa presenza e nos tememos que a dos demais non é tida en conta como nos demostra cada vez que ten oportunidade.
Nestes momentos lamentamos non poder compartir con eles, o asento que dispomos no Consello sectorial porque sentimos que no mesmo non contamos. A nosa presenza e nos tememos que a dos demais non é tida en conta como nos demostra cada vez que ten oportunidade.
E por iso, por esa actitude de obstaculizar a participación dos demais, de soberbia e intransixencia, que abandonamos para o que resta de mandato a nosa participación no Consello sectorial do Turismo e da Festa do Marisco co amargor que unha decisión destas características produce e na confianza que no futuro poidamos reconducilo.
Saiba, por outra banda, que en ningún momento pretendemos reemplazalo a vostede nin o concelleiro responsable nas súas funcións. A responsabilidade é de vostedes e por tanto deben exercela.
Sen embargo elo, non impide que os demais membros da corporación e os axentes empresariais que forman parte deste órgano poidan exercer os seus dereitos e obrigacións, tamén recollidas nos estatutos.
Ten vostede toda a razón cando di que este órgano nace una etapa en que Miguel Ángel Pérez era alcalde (aí ten outra mostra máis da importancia que ao sector lle demos sempre) para xustificar que non fai nada distinto do que se facía entonces e aí si discrepamos. Nunca naquela etapa os axentes empresariais se mostraron na posición que agora mesmo con respecto do seu goberno se atopan.
Tamén teño que darlle a razón cando di que este é un órgano consultivo e informativo, non decisorio. Isto último, de vostede non o pretendemos, pero que cando menos e respectando os estatutos, que se consulte algo cos demais membros do Consello, e que poidan valorar prantexamentos distintos (repito, valorar) e que tamén e lles informe de algo en tempo por aquilo de garda-las formas, e algo o que si aspirábamos.
Namentres chega outra oportunidade, reciba un cordial saúdo.
Miguel Ángel Pérez García
Voceiro do Grupo Municipal Popular
No hay comentarios:
Publicar un comentario