jueves, 8 de julio de 2010

A situación do goberno grovense é terminal

Os desesperados intentos do BNG tratando de culpar aos demais do que é a súa responsabilidade e o non afrontar os problemas, augura meses de inacción e nulos resultados no tramo final da “fórmula progresista”.

O Grove, 8 de xullo de 2010.-

Logo de anos dunha política desquiciada na que o cuatripartito de O Grove non atopou nunca o seu sitio nin foi quen de acertar no diagnostico dos problemas do noso concello, moito menos podía ser capaz de plantexar as solución axeitadas.

A súa falla de conexión coa sociedade foi suplida pola continua desculpa dos membros do goberno que a cotío se desculpaban con aquilo de “esa área non a levo eu, lévaa…………., fala con el” ou o xa consabido “iso non é competencia nosa, é de………….”.

Así pasaron os meses e os anos, a pesares das continuas ofertas de colaboración do Partido Popular para os temas importantes (orzamentos, PXOM, planificación das inversións, etc.) que nunca foron escoitadas, namentres ao alcalde se lle escapaba por entre os dedos das mans a vida dun goberno que nunca foi tal nin nunca foi capaz de ensamblar a pesares do papel que agora, tardiamente pretende xogar.

A estratexia dos compartimentos estancos que instauraron, onde cada un fai o que lle peta sen que ninguén dirixa o barco xa non lle funcionou en Santiago aos seus compañeiros e aquí tampouco.

A continua propaganda i engano cando o bipartito gobernou a Xunta e o enfrontamento agora, foron os principais e únicos empeños deste alcalde que non resolveu nin un só dos obxectivos prantexados nun principio.

Ademais das liortas internas que remataron coa fuxida de Esquerda do Grove do goberno, os habituais desplantes e zancadillas entre eles, e o balance destes tres anos, a situación actual é a máis desalentadora que viviu a política municipal nos últimos anos.

Non tentamos facer leña da árbore caída pero no tempo que queda deberan esforzarse un pouquiño para tratar de saldalo co máximo decoro e respecto aos veciños; cousa que a tenor do visto nos últimos tempos coas declaracións do alcalde e distintos membros do goberno nos tememos que non vai pasar.

Os desesperados intentos do BNG en salvarse da queima esixíndolle aos demais, si, si, están lendo ben, esixíndolle aos demais o que é a súa responsabilidade, como o inicio dos traballos do PXOM e agora, pretender resolver nuns meses o que non fixeron durante anos, culpando a todo mundo delo e non asumindo que eles son parte do problema, é moi indicativo do moribundo estado deste goberno, da súa soberbia e da falla de liderazgo con que están tratando os problemas do noso concello.

No hay comentarios: