viernes, 9 de julio de 2010

A falla de planificación e seguimento é unha característica deste goberno en casque tódalas obras que leva a cabo.

Imagen procedente de www.todogrove.com

O non respectar o proxecto e a nave de orixe provoca unha importante perda de metros cadrados que incidirán moi negativamente na parte expositiva e divulgativa deste espazo museístico.

O Grove, 9 de xullo de 2010.-

En días pasados, membros do Partido Popular de O Grove xiraron visita a Punta Moreiras co obxecto de comprobar “in situ” as obras de recuperación das naves da Salga que alí se están levando a cabo.

Xa, no pleno de maio, o noso portavoz interesouse en porqué a reconstrución da segunda nave se está a facer modificando o proxecto e sen respectar a nave de orixe que aínda sen tellado mantiña os muros perimetrais da mesma.

Fai días que recibimos contestación do concelleiro de cultura a aquela pregunta, acompañando informe do director técnico da obra, no cal xustifica o movemento deste muro na aparición dun tramo de rocha que impedía a impermeabilización.

Tal e como fixemos saber o concelleiro responsable, e agradecendo a información (xa que nunca se molestaran en contestar), non estamos para nada de acordo coas explicacións recibidas nin moito menos xustifican o desvío dese muro.

As solucións técnicas dispoñibles a día de hoxe permiten resolver este “suposto problema” sen maiores dificultades. Cónstanos, por outra banda, que a rocha aludida foi desbancada e perfectamente se podería levantar o muro no seu lugar de orixe, sen perda algunha de metros construídos.

É por elo que non compartimos a decisión, que non nos convencen as explicacións e que sospeitamos que existen outros motivos, que ninguén nos explica, que motivaron esta decisión e que tamén esperamos se nos diga quen foi o responsable da mesma.

Por este motivo, a nave e a instalación no seu conxunto xa perdeu un importante número de metros cadrados. Aproximadamente dous metros no ancho que multiplicado polos aproximadamente corenta de longo, estamos a falar duns oitenta metros cadrados que, ao contrario do que di o informe técnico, si incidirán moi negativamente no conxunto expositivo.

Topámonos ademais con que a obra está parada dende fai uns meses e o que falta para o remate da mesma é todavía moito polo que, o continuo anuncio do noso concello de que estaría operativo este verán, non vai ser posible.

Ademais diso, o entorno está moi descoidado, con maleza que invade as zonas verdes e incluso as áreas de miradoiro, descanso e parking; situación que non se entende cando se está a promocionar como un dos puntos de máximo interese cara ao visitante.

Outra das particularidades que nos atopamos foi co centro pechado nun horario de teórica visita.

Esperamos que nos sexan satisfeitas as verdadeiras razóns da mutilación deste proxecto que o modifica á baixa e solicitamos que o lugar sexa urxentemente adecentado para presentar a mellor cara posible a tódolos que visitan a zona, independentemente da obras que alí se levan a cabo.

No hay comentarios: