Artigo de I. Rodríguez publicado en Todogrove.com
O voceiro do PP no Grove, Miguel Ángel Pérez, esgrimiu no Pleno do luns unha fotografía –extraída de Todogrove.com– na que podía ver unha serie de cadeiras do Concello instaladas nun espazo empregado por un establecemento privado e pediu explicacións ao Goberno local respecto da súa política de “préstamo” de cadeiras.
Concretamente a devandita imaxe correspóndese coa terraza instalada na Praza de Arriba con motivo da final do Mundial de Fútbol. Na instantánea, Pérez observou aos presentes sobre as cadeiras do Concello, e preguntou ao Goberno porque estas foron cedidas a “un establecemento privado”. Así mesmo, engadiu que, na súa investigación mundialista, lle “falta por saber” se a pantalla de plasma que fora instalada neste mesmo emprazamento “viña do mesmo sitio”.
Fotografía procedente de www.todogrove.com
Por iso, o voceiro popular interesouse por coñecer si este “préstamo” é unha “práctica habitual” do Goberno, xa que, engadiu, “meses atrás aparecía unha cousa parecida na sede do PSOE”. Así mesmo, tamén quixo saber se as cadeiras da discordia pódeas solicitar todo o mundo ou “hai que ter un pedigree específico?”.
Fotografía procedente de http://www.todogrove.com/
O responsable de dar resposta ás dúbidas que o voceiro popular efectuou na quenda de rogos e preguntas foi o propio alcalde, quen asegurou que ían investigar este caso, e engadiu que as devanditas cadeiras son cedidas a todo club ou asociación sen ánimo de lucro que as solicita
No hay comentarios:
Publicar un comentario