miércoles, 9 de junio de 2010

Partido Popular denuncia que non se están a defender os posicionamentos alegados o POL, a pesares da vía de dialogo aberta pola Dirección Xeral responsable da súa redacción.

O Grove, 9 de xuño de 2010.-
Continuamente estamos a comprobar nos medios de comunicación como caseque tódolos alcaldes e concelleiros responsables de urbanismo visitan e negocian coa Dirección Xeral da Paisaxe os distintos problemas detectados na redacción e as inquedanzas que supuxo o Plan de Ordenación do Litoral, tratando de buscar solución e defendendo o que entenden que é mellor para o seu vecindario e o seu territorio.
No caso de O Grove, o tema valeu para encher os periódicos uns cuantos días co argumento de sempre; é igual que se fale do POL, de Deportes, de Servizos Sociais, de Saneamento…………..do tempo,………..a culpa é da Xunta.
Recordamos sen embargo, como o alcalde calificou de moi interesante, de boa e proveitosa aquela xuntanza co Director Xeral, na que acompañado por toda a corporación tivo a oportunidade de plantexar os problemas observados. Logo de comprobar que os problemas que algún dos casos prantexados eran de razoable subsanación, quedou unha liña aberta con este departamento que se brindou a xuntarse as veces necesarias para ir solventando as cuestión prantexadas.
Esa vía non foi usada nunca, nin con novas xuntanzas nin por outros medios, xa que nunca máis este goberno se preocupou do asunto, máis que enviando as alegacións no tempo prefixado.
Da envexa comprobar como os representantes municipais doutros concellos do noso entorno acoden permanentemente a solucionar os seus problemas para asegurar que se vaia redactando de acordo aos intereses dos seus concellos e ao mesmo tempo van informando dos avances conseguidos.
Aquí fanse boas (por desgraza) as sospeitas e denuncias que dende fai tempo fixemos. Este Plan, venlle a este goberno como caído do ceo para seguir na súa estratexia de sempre,…………. a culpa é da Xunta; e de maneira moi especial para tratar de desvirtuar a caótica xestión que do PXOM fixeron durante estes tres anos de mandato, é dicir, ningunha.
Afortunadamente os nosos veciños, cansos de escoitar sempre as mesmas desculpas saben perfectamente da actitude deste alcalde ao respecto do PXOM e todo o que ten que ver con el.
Esperaban sen embargo, que se este Plan (o POL) é tan nefasto como soen dicir e lesiona tanto os intereses dos grovenses como afirman, se molestase un pouquiño en defendelos de semellante agresión.
Ademais de servir como muletilla para o discurso de sempre,…….”culpa da Xunta” (soamente dende que non é bipartita); de servir para encher boletíns, etc., merecen os nosos veciños que alguén con responsabilidade se preocupe destes asuntos.

No hay comentarios: