jueves, 10 de junio de 2010

O concello de O Grove non dispón dun Plan que priorice as inversións en función das necesidades reais e tómanse medidas totalmente innecesarias.

Fotografía procedente de www.todogrove.com
O Grove, 10 de xuño de 2010.-
A través dunha orde de subvencións da Consellería da Presidencia para “ Infraestruturas de uso público en ámbitos rurais e urbanos “, o concello de O Grove solicito subvención na Xunta de Goberno Local do 4 de maio do ano que andamos para a actuación denominada: Melloría da infraestrutura lumínica do Paseo da rúa Castelao, por un importe de 95.472,74 euros.
A pesares do “pomposo” do titulo da actuación tratase unicamente de cambiar farolas.
Por suposto que non vamos a poñer en dúbida o feito de solicitar subvencións, pero si o destino das mesmas, cando o ámbito que marca a orde é tan amplo como neste caso.
Denunciamos no seu momento, que se dedicasen 100.000 euros do Plan E II para cambiar as farolas de Castelao e denunciamos agora que se pretendan dedicar outros 95.000 euros máis para o mesmo feito.
Tendo tantas necesidades no concello, cambiar unas farolas que non están en mal estado por outras en todo caso “con deseño” pero nada máis, non demostra que o goberno estea moi atinado marcando as prioridades do noso concello.
Coa partida de 100.000 euros anterior, todo o traballo vai consistir en cambiar 12 ou 14 farolas na rúa Castealo. Si finalmente esta subvención chega, permitirá cambiar 10 ou 12 máis, e iso será para o que sirvan caseque 200.000 euros de fondos públicos, que por outra parte serán contratados como sempre a empresas foráneas, incorrendo no erro de sempre.
Poden ser máis ou menos bonitas, ou máis ou menos “de deseño” pero cos tempos que corren e os que se aveciñan parece un dispendio desmedido ademais da demostración de que non existe planificación algunha sobre as necesidades máis básicas do concello; optando por unha obra que non ten a máis mínima prioridade.
Prioridade que si teñen sen embargo determinadas zonas do casco urbano e sobre todo do rural que carecen todavía dos servizos máis básicos.
Outra das solucións, si se quere apostar polo alumeado sería instalalo onde non existe, que todavía hai lugares sen ese servizo ou apostar por medidas de aforro enerxético reais, que a pesares de que o utilicen como desculpa, non son as medidas que se van tomar en Castelao.

No hay comentarios: